Barómetro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Barometrs
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Barometre aneroide.png|thumb|right|200px|Barómetro aneroide ou de Vidi]]
Un '''barómetro''' é un [[Instrumento de medida|instrumento]] que serve para medir a [[presión atmosférica]], é dicir, o [[peso]] da [[columna]] de [[aire]] por [[unidade de medida|unidade]] de [[superficie]] exercida pola [[Atmosfera terrestre|atmosfera]]. A forma máis habitual é observar a [[Altura (física)|altura]] dunha columna de [[líquido]] cuxo peso compense o da atmosfera.
 
== Tipos ==
* '''Barómetro de [[Mercurio (elemento)|mercurio]]''': é o máis coñecido, inventado por [[Evangelista Torricelli|Torricelli]] en 1643. Está formado por un [[tubo]] de [[vidro]] duns 850 mm de altura, pechado polo extremo superior e aberto polo inferior. O tubo énchese de mercurio, invertese e colócase o extremo aberto nunca cubeta chea do mesmo líquido.
 
O nivel de mercurio no tubo baixa ata a altura duns 760 mm por riba no nivel na cubeta (altura barométrica) e deixa un baleiro case perfecto na parte superior do tubo (cámara barométrica). As variacións da presión atmosférica fan que o líquido do tubo suba ou baixe lixeiramente entre 737 e 775 mm.
 
* '''Barómetro metálico''': tamén denominado barómetro aneroide ou de Vidi, que está constituído por unha caixa metálica na cal se fixo o baleiro parcial. A [[tapa]] superior leva un [[resorte]] que equilibra a [[presión]] media atmosférica, mentres que a tapa da caixa é unha membrana dunha aleaxe metálica e elástica de forma ondulada que se deforma con facilidade, e elévase ou descende en función da [[variación]] de presión.
 
Estes [[movemento]]s modifican a posición dunha [[agulla (reloxo)|agulla]] que percorre unha [[escala]] circular graduada en [[milímetro]]s de presión por comparación cos barómetros de mercurio. Os barómetros aneroides son máis precisos e teñen un mecanismo de fol elástico.
 
[[Categoría:Instrumentos de medida]]