Filosofía da ciencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 19:
==== Empirismo ====
 
Un concepto central en filosofía da ciencia é o [[empirismo]], ou dependencia da evidencia. Empirismo é a visión de que o coñecemento deriva da experiencia do mundo. Nese sentido, as afirmacións están suxeitas e son derivadas de nosas experiencias ou observacións. As [[hipóteses]] científicas desenvólvense e téstanse a través de [[métodos empíricos]] por medio de [[observación]]s e [[experiencia científica|experimentos]]. Unha vez reproducidos dabondo, a información resultante conta como ''probas'' sobre as que a comunidade científica desenvolve [[teoría]]s que se propoñen explicar os [[Feito científico|feito]]s do [[mundo]].
 
As observacións inclúen a[[percepción]], e entón dánse os actos cognitivos propiamente ditos. Isto é, as observacións están por si soas enquistadas na nosa [[comprensión]] de como funciona o mundo; se esta comprensión mudar, as observacións poden tamén aparentemente mudar.
 
Os científicos tentan usar a [[Razoamento indutivo|indución]], a [[dedución]] e os [[métodos case-empíricos]] e invocar [[metáfora conceptual|metáforas conceptuais]] chaves para articular as observacións nunha estrutura [[coherente]] e [[autoconsistente]].
 
==== Realismo científico e instrumentalismo ====
Liña 33:
==== Construtivismo social ====
 
Unha área de interese entre historiadores, filósofos, e sociólogos da ciencia é a extensión na cal as teorías científicas se amoldan aos seus contextos políticos e sociais. Ese concepto usualmente coñécese como [[Construtivismo (filosofía)|construtivismo]] social. O construtivismo social é nun sentido unha extensión do instrumentalismo que incorpora os aspectos sociais da ciencia. Na súa forma máis forte, ve a ciencia como un mero discurso entre científicos, co feito obxectivo desempeñando pouco papel, se desempeñar algún. Unha forma máis fraca da posición construtivista pode defender que os factores sociais desempeñen un papel importante na aceptación de novas teorías científicas.
 
Do lado máis forte, a existencia do [[Marte (planeta)|planeta Marte]] é irrelevante, desde que todo o que realmente temos son [[observación]]s, [[teoría]]s e [[mito]]s, os cales son construídos por si sós a través da interacción social. Deste lado, as afirmacións científicas son a respecto dunha sobre a outra, e o test empírico é non máis que algo para checar a consistencia entre diferentes conxuntos de teorías socioloxicamente construídas. Ese lado rexeita o realismo. Tórnase difícil, entón, explicar como a ciencia se difire de calquera outra disciplina; igualmente, con todo, tórnase difícil dar un parecer do extraordinario éxito da ciencia en producir tecnoloxía aplicábel.
Liña 57:
==== Indución ====
 
Unha solución para ese problema está en confiar na noción de [[Razoamento indutivo|indución]]. O raciocinio indutivo mantén que se unha situación se sustenta en todos os casos ''observados'', entón a situación se sustenta en ''todos'' os casos. Entón despois de completar unha serie de experimentos que soportan a Terceira Lei, está xustificado manter que a lei se sustente en todos os casos.
 
Explicar o porqué da indución comunmente funciona ten sido un tanto problemático. Non se pode usar [[dedución]], o proceso usual de se mover loxicamente da premisa á conclusión, porque non hai un simple [[siloxismo]] que permite tal movemento. Non importa cantas veces os biólogos do século XVII observaron [[cisne]]s brancos, e en cantas diferentes localizacións, non hai ningunha vía dedutiva que leve á conclusión de que todos os cisnes son brancos. Isto é así tamén, ou a conclusión sería errada, como se tornou máis tarde. Similarmente, é ao menos posíbel que unha observación feita mañá que mostre unha ocasión en que unha acción non se acompaña por unha reacción; o mesmo é verdade para calquera lei científica.
Liña 117:
[[René Descartes]] ([[1596]] - [[1650]]) pretendía un coñecemento certo baseado na existencia indubidábel dun suxeito pensante, e avanzar grazas a ideas '''claras e distintas'''. O papel da experiencia quedaba nun segundo plano. Non é de estrañar que, no eido da ciencia, os [[racionalismo|racionalistas]] destacasen en [[matemáticas]], como o mesmo Descartes ou como [[Gottfried Leibniz|Leibniz]], creador xunto con Newton do [[cálculo infinitesimal]].
 
A corrente filosófica iniciada por [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]] ([[1561]] - [[1626]]) propuña un coñecemento da natureza [[empirismo|empirista]] e [[induciónRazoamento indutivo|inductista]]. Para elixir entre teorías rivais non había que recorrer á argumentación, senón realizar un experimento crucial (''instantia crucis'') que permitise a selección. [[David Hume]] ([[1711]] - [[1776]]), o principal filósofo empirista, subliñou a importancia dos ''feitos'' fronte ás ''interpretacións''.
 
Pero o racionalismo e o empirismo clásicos destacaban excesivamente un dos aspectos da ciencia (a racionalidade ou a experiencia) en detrimento do outro. O ''idealismo transcendental'' de [[Immanuel Kant|Kant]] ([[1724]] - [[1804]]) tentou unha primeira síntese de ambos os sistemas na que o ''espazo e o tempo absolutos'' de Newton se converteron en condicións que impón a nosa mente para poder aprehender o mundo externo.
Liña 133:
Adóitase considerar que a filosofía da ciencia acada a súa idade adulta na década dos vinte coa aparición do [[Círculo de Viena]], no que se encadrou un nutrido grupo de filósofos como [[Rudolph Carnap]] ([[1891]] - [[1970]]), [[Otto Neurath]] ([[1881]] - [[1945]]), [[Hans Hahn]] ([[1879]] - [[1934]]), [[Kurt Gödel]] ([[1906]] - [[1978]]) ou [[Willard V. Quine]] ([[1908]] - [[2000]]). [[Hans Reichenbach]] ([[1891]] - [[1953]]) fundou o Grupo ou [[Círculo de Berlín]], a imitación do de Viena.
 
O Círculo de Viena propuxo un modelo de ciencia no que esta procede mediante xeneralizacións ([[Razoamento indutivo|indución]]) a partir dos datos. A visión da ciencia do Círculo de Viena é chamada tamén [[Concepción herdada]] ou Concepción Herdada da Ciencia. A idea central do positivismo e do neopositivismo é que a ciencia debe utilizar as teorías como instrumentos para predicir fenómenos observables e debe '''renunciar a buscar explicacións'''. A busca de explicacións á función da [[metafísica]], que non é ciencia senón palabrería carente de significado. Así, o neopositivismo presenta unha visión [[instrumentalismo|instrumentalista]] da ciencia. De acordo con estas ideas os integrantes do Círculo defenderon un ''criterio [[verificacionismo|verificacionista]] de significado'' que agrupaba os enunciados en dúas clases:
 
* '''Enunciados con sentido''', que son afirmacións que poden comprobarse empiricamente se son verdadeiras ou falsas.
Liña 146:
Aínda que [[Karl Popper]] ([[1902]] - [[1994]]) tivo nos seus comezos moita relación cos integrantes do [[Círculo de Viena]], desde a súa primeira obra ''A lóxica da investigación científica'' ([[1934]]) xa se mostrou moi crítico con este. Con todo este traballo tivo moi pouca difusión durante anos, e non foi ata principios da [[Anos 60|década dos sesenta]] cando Popper comenzó a ser coñecido e valorado.
 
Fronte ao [[neopositivismo]], Popper cualificou a súa postura de [[racionalismo crítico]]. A diferenza do Círculo de Viena, para Popper a ciencia ''non é capaz de verificar'' se unha [[hipótese]] é certa, pero si pode demostrar se esta é falsa. Por iso non serve a [[Razoamento indutivo|indución]], porque por moito que se experimente nunca se poderá examinar ''todos'' os casos posibles, e basta cun só contraexemplo para botar por terra unha teoría. Así pois, fronte á postura verificacionista preponderante ata ese momento en filosofía da ciencia, Popper propón o [[falsacionismo]]. Aínda que Popper era [[realismo|realista]] non aceptaba a certeza, é dicir, nunca se pode saber cando o noso coñecemento é certo.
 
Popper comezou ''describindo'' a ciencia, pero na súa evolución filosófica acabou sendo ''prescriptivo'' (aínda que sen chegar ao rigor normativo do Círculo), recomendando á ciencia o [[método hipotético dedutivo]]. É dicir, a ciencia non elabora enunciados certos a partir de datos, senón que propón [[hipóteses]] (que aínda que se baseen na experiencia adoitan ir más allá de esta e predicir experiencias novas) que logo somete ao filtro experimental para detectar os erros.
Liña 156:
==== Ciencia, historia e revolución científica ====
 
''As estrutura das revolucións científicas'' pódese clasificar de ''descritiva''. Apenas dedica espazo a conceptos como verdade ou coñecemento, e presenta a ciencia baixo un enfoque [[historia|histórico]] e [[socioloxía|sociolóxico]]. As teorías dominantes baixo as que traballan os científicos conforman o que Kuhn chama [[Paradigma (ciencia)|paradigma]]. A ''ciencia normal'' é o estado habitual da ciencia no que o científico non busca a ''falsación'' do paradigma, senón que dá este por asumido e busca a ''ampliación'' do mesmo. Se o número ou a importancia de problemas non resoltos dentro dun paradigma é moi grande, pode sobrevir unha crise e cuestionarse a validez do paradigma. Entón a ciencia pasa ao estado de ''ciencia extraordinaria'' ou ''ciencia revolucionaria'''no que os científicos ensaian teorías novas. Se se acepta un novo paradigma que substitúa ao antigo produciuse unha ''revolución científica''. Así éntrase nun período novo de ciencia normal no que se intenta coñecer todo o alcance do novo paradigma.
 
O novo paradigma non se admite por argumentos lóxicos, polo menos non principalmente. Isto débese a que a visión da natureza que acompaña o novo paradigma non pode compararse baixa ningún elemento común ó do antigo; Kuhn cualifica de [[inconmensurabilidade|inconmensurábeis]] ambos paradigmas. O novo paradigma admítese de forma xeneralizada cando os científicos do antigo paradigma van sendo substituídos.
Liña 200:
==== Socioloxía da ciencia ====
 
[[Robert K. Merton]] ([[1910]] - [[2003]]) considérase o fundador da [[socioloxía da ciencia]] nos anos corenta, logo moi influído polos traballos de [[Thomas Kuhn|Kuhn]], 'A estrutura das revolucións científicas', 1962 e 1969. A aportación básica para a filosofía da ciencia foi introducir o término [[Paradigma (ciencia)|paradigma]] como supostos teóricos xerais: leis más técnicas nunha comunidade científica determinada, onde un antigo paradigma é total ou en parte substituído, denominándose revolución científica este proceso e o cambio non é de forma acumulativa, senón paradigmático. O capítulo IX desenvolve os conceptos. A primeira edición foi ampliada en 1969.
A primeira socioloxía distinguía uns '''factores internos''' da propia ciencia (metodoloxía, obxectivos...) que eran independentes doutros '''factores externos''' (sociolóxicos, políticos...) non pertencentes á ciencia. Pero a socioloxía da ciencia actual prescinde desta distinción. [[David Bloor]] ([[1913]]) e [[Barry Barnes]] son os principais expoñentes. Afirman que os científicos son persoas que se poden ver tan afectadas polos factores sociolóxicos que debemos pensar que todas as crenzas son igualmente problemáticas.
 
Liña 225:
* [[Robert Groseteste]].
* [[Roger Bacon]].
* [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]].
* [[Rudolph Carnap]].
* [[Auguste Comte]].