Friedrich Bessel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: estrela (astronomía)
Beninho (conversa | contribucións)
m lig int.
Liña 15:
Coñecendo a elevada precisión dos seus instrumentos tentou determinar a [[paralaxe]] das [[estrela (astronomía)|estrela]]s máis próximas, traballando cun [[heliómetro]] construído por [[Joseph von Fraunhofer]]: elixiu para iso a denominada [[61 Cygni]] que, en base ao seu movemento propio (5,2" ao ano), debería ser una das máis próximas ao noso planeta; ao cabo de 18 meses de observacións (finais de [[1838]]) comprobou que a paralaxe era igual a 0,314" ± 0,020": a estrela distaba máis de 657.000 veces a distancia [[Terra]]-[[Sol]]. Só máis tarde mediríanse as paralaxes de [[Vega]] e [[Alfa Centauri]], resultando esta última a máis próxima á [[Terra]]: 0,77" e 4,3 anos luz de distancia.
 
En [[1844]], analizando as posicións micrométricas de dúas estrelas fundamentais do catálogo do astrónomo inglés [[Nevil Maskelyne]] ([[Alfa Canis Majoris|Sirio]] e [[Proción]]), comprobou que o seu movemento aparente polo ceo era errático, coma se estivesen afectados por outro ''corpo'' moi próximo pero invisible. Utilizando as súas propias observacións deduciu a órbita do compañeiro de Sirio, a [[estrela anana branca]] Sirio B (tamén coñecida como o Cachorro) que non sería descuberta ata o ano [[1862]] por [[Alvan Graham Clark]]. A compañeira de Proción sería descuberta en [[1895]].
 
Despois de moitos anos de traballo e dedicación publicou un catálogo coas posicións precisas dunhas 75.000 [[estrela (astronomía)|estrelas]] do hemisferio norte.