Diferenzas entre revisións de «William James»

sen resumo de edición
'''William James''', nado en [[1842]] en Nova Iorque e finado en Chocorua, New Hampshire[[1910]] foi un psicólogo e filósofo estadounidense.
==TraxextoriaTraxectoria==
Criado nunha familia de tradición [[calvinismo|calvinista]], é irmán de [[Henry James]]. Primeiramente estudou [[medicina]] para despois ocuparse da [[psicoloxía]] e a [[filosofía]]. Profesor da Universidade de Harvard, foi un prolífico conferenciante. [[John Dewey]] foi alumno seu.
==Pensamento==
===Psicoloxía===
Falou do ''stream of consciouness'', é dicir, da corrente ou fluxo da conciencia. A conciencia é un continuo bulir de conceptos e relacións. Para el o ser empírico é un ser material (corpóreo), social (o que os demais opinan) e espiritual (a interioridade). Segundo a súa ''teoría periférica'' das emocións, é o a manifestación somática o que xera a emoción.
===Filosofía===
Defendeu o [[pragmatismo]]. Considera que non pode haber unha diferencia que non faga unha diferencia. A función da filosofía consiste na pescuda da diferencia que producirá en ti e en min que unha fórmula do mundo se estime verdadeira. Hai que abandonar a abstracción pola concreción, os sistemas pechados pola acción e o poder. Máis que os principios e as categorías contan as consecuencias e os feitos. As ideas son parte da experiencia, e só deben ser tidas como verdadeiras se nos pemiten entrar en contacto con outras experiencias. Xa que logo, [[Verdade]] é o que funciona, o que sae ben, o que é útil, o que ten éxito.
 
==Obras==
Usuario anónimo