Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-da Coruña +da Coruña)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
arranxo ligazóns a homónimos
Liña 1:
[[Ficheiro:Hostal dos Reis Católicos. Praza do obradoiro. Santiago de Compostela.jpg|thumb|250px|Hospital Real de Santiago.]]
 
O '''Hospital Real de Santiago''', tamén coñecido como '''Gran Hospital Real de Santiago''' e, nos últimos tempos, como '''Hospital Xeral de Santiago''', ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os [[Reis Católicos]] a [[Santiago de Compostela]] en [[1492]], na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno [[Hospital]].
 
Os peregrinos, ao presentaren ''A Compostela'' <ref>A ''Compostela'' ou ''Compostelana'' é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e dado aos peregrinos cando acaban o seu percorrido. Para gañala necesítase andar un mínimo de cen quilómetros a pé ou a cabalo (200 km de ir en bicicleta), o que significa que o percorrido mínimo polo camiño francés empeza na vila de Sarria. Os peregrinos que chegan a Santiago de Compostela teñen que mostrar a ''credencial'' do camiño, selada, que demostrará que andou e se hospedou nos lugares que esta mostra. Na Idade Media, a "compostela" era un modo de indulxencia que permitía reducir á metade o tempo de estancia da alma no purgatorio, aínda que, de obterse nun Ano Santo compostelán, acadábase a indulxencia plenaria.</ref> dilixenciada, coa ''credencial'' debidamente cuberta <ref>A ''credencial'' do peregrino é un caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, cuxa finalidade é o seu selado un par de veces ao día (xa sexa en igrexas, albergues ou incluso en bares que teñen o seu propio selo), para que o peregrino consiga a acreditación necesaria para aloxarse nos albergues do Camiño.</ref> <ref>[http://www.lossellosdelcamino.com/ Os selos do camiño] {{vl}} Consultada o 3/2/2012.</ref> adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo [[hospital]] refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos [[peregrino]]s ou seren [[asilos]] para os pobres. A palabra hospital deriva da [[latín|latina]] ''hospes'', que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de ''hospes'' pasou a ''hospitalia'', para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de ''hospitalia'' derivou ''hospital''.<ref>Outro substantivo derivado é ''hospitium'', que significa "hospitalidade", a relación entre o convidado e o que o acolle, co significado de amabilidade; de aí deriva '''hospicio'''. E os termos ''hospedaría'', ''hostal'', ''hospedaxe'', ''hospedeiro'', etc.</ref>
Liña 9:
== Contexto ==
=== A atención aos necesitados na Antigüidade e na Idade Media ===
Na [[AntigüidadeIdade Antiga]] e na [[Idade Media]] non había hospitais. No mundo antigo os enfermos eran coidados na súa casa, na casa dos médicos, en santuarios, ou ben en torno a fontes termais. Estes últimos centros estiveron conectados con lugares de culto durante toda a Idade Media, tanto no occidente [[cristianismo|cristián]] coma no [[Islam|mundo musulmán]].
 
Na idade de ouro da civilización islámica medieval aparecen os ''Bimaristan'', que
Liña 16:
 
Na Idade Media, a partir do [[século XI]], os edificios hospitalarios deben a súa creación fundamentalmente ás ordes relixiosas, xa que se basean na ''caridade cristiá'' e son administrados por membros do clero. A idea da asistencia baséase nas instrucións de [[Cristo]]: fogar dos humildes, socorro dos aflixidos... e, máis tarde, o ideal da pobreza, ademais da caridade.
A o doente e o desamparado é un penitente, e a asistencia ao seu sufrimento, acompañada pola compaixón, é unha oportunidade de redención, en palabras de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]]. Así, desde o século XI, a caridade hospitalaria convértese nunha das formas de espiritualidade, secular e clerical. Aconsellada a existencia destes edificios por [[San Xerome]], nun principio tiñan como obxectivo fundamental hospedar aos necesitados (de aí o seu nome), os hospitais pertencían ao patrimonio eclesiástico, colocáronse baixo a autoridade do bispo e os seus recursos financeiros procedían só da caridade individual.<ref> [http://www.moebius.es/ggranada/monu/hreal.htm Moebius] {{es}} Consultada o 3/2/2012.</ref>
 
Nesta época, algúns mosteiros adaptáronse para que puideran cumprir unha función hospitalaria. Por iso os primeiros hospitais, tanto na súa tipoloxía arquitectónica como na súa función, aseméllase a unha igrexa, e a súa arquitectura está inspirada en gran medida polos monumentos relixiosos. A primeira tipoloxía é unha tipoloxía claustral. Ao longo da historia experimentaron unha profunda evolución, desde un simple lugar de albergue de menesterosos até un lugar dedicado exclusivamente a curar enfermos, pasando, na época medieval e na moderna, a asumir unha dupla función de acoller a necesitados e de curar a doentes.<ref>[http://lostoinsite.worpress.com/2008/09/17/cuando-la-arqitectura-cura ''Cuando la arquitectura cura''] {{es}} Consultada o 3/2/2012.</ref> A partir do [[século XIV]] as institucións hospitalarias irían pasando a depender dos municipios ou de fundacións reais ou de membros da nobreza e do alto clero.
 
=== Os hospitais no Renacemento ===
Na Europa occidental un dos primeiros edificios construídos exclusivamente como o hospital foi o que propuxo [[Filarete]], sobrenome de Antonio di Pietro Averlino (ca. 1400 - ca. 1469), arquitecto, escultor e teórico da arquitectura de [[Florencia - Firenze|Florencia]] para o ''Ospedale Maggiore'' ("Hospital Maior") da cidade de [[Milán]], en [[1456]]. Planeouno racionalmente, como unha [[cruz grega]] dentro dun cadrado, coa igrexa do hospital no centro, e dous grupos de salas que formaban un cruceiro, separadas por un patio, que tiñan dúas plantas delimitadas por galerías porticadas que servían para a circulación dos pacientes, abastecementos e médicos.
 
Este esquema serviu de exemplo para numerosos hospitais na Europa da época. En España, o arquitecto que mellor soubo adaptarse ás novas necesidades hospitalarias foi [[Henrique Egas]] (1455-1534), seguidor do modelo de Filarete, que construíu tres grandes hospitais: o Hospital Real de Santiago, o Hospital de Santa Cruz de Toledo e o Hospital Real de Granada.<ref>[http://lostoinsite.worpress.com/2008/09/17/cuando-la-arqitectura-cura ''Cuando la arquitectura cura'']</ref> Estes edificios funcionais respondían a unha política estatal moderna de asistencia aos enfermos e aos sectores marxinais da sociedade, orientada a facer desaparecer a mendicidade, coincidindo á vez coas novas ideas de limpeza, ornato e decoro das cidades renacentistas.
Liña 27:
== O Hospital Real de Santiago ==
=== Historia do Hospital ===
Durante a Idade Media existía, ao longo de todo o [[Camiño de Santiago]], toda unha rede hospitalaria para axudar aos peregrinos. Nunha viaxe a Santiago os Reis Católicos advertiron que nesa cidade os peregrinos enfermos eran mal atendidos, polo que plantexaron a construción dun novo e moderno hospital. En [[1492]] encargaron a Henrique Egas as trazas, aínda que algunhas dificultades motivaron o atraso do comezo das obras. O [[3 de maio]] de [[1499]] os reis deron poder a [[Diego de Muros III|Diego de Muros]], deán do cabido compostelán, para construír o Hospital Real.
 
A construción comezou en [[1501]] cando empezou a traballarse nos alicerces e, dez anos máis tarde o Hospital estaba concluído no esencial, salvo a fachada, que é lixeiramente posterior e que se reformou no [[século XVII]]. Céntraa unha portada renacentista, contratada polos mestres franceses [[Martín de Blas]] e [[Guillén Colás]] en decembro de [[1519]]. Anos despois, como protección da fachada, o concello cedeu un terreo que se delimitou por grosas cadeas engarzadas en piares renacentistas.
Liña 42:
O espazo da horta posterior ocúpase, no [[século XVIII]], con dous novos patios, configurando así a actual cruz grega con catro patios.
 
Desde [[1740]] atendíanse tamén no Hospital a enfermos militares. A través da análise dos rexistros anuais, coa duración media das estancias por enfermo, pódese ver que a actividade hospitalaria incrementouse considerabelmente no curso da primeira metade do [[século XVIII]], aínda que unha parte da mesma pasou entón a centrarse na atención do persoal militar presente na cidade. Coa [[Guerra da Independencia española]], esta dedicación veríase enormemente aumentada, para logo remitir nunha medida bastante apreciábel, pero mantendo até [[1840]] un nivel elevado.<ref>[http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=174561 Dialnet] {{es}} Consultada o 3/2/2012.</ref>
 
Coa desaparición do Real Patronato e as [[desamortización]]s de [[Mendizábal]] e [[Madoz]], o Hospital perde as súas rendas, pasando a depender das catro [[Deputación|Deputacións provinciais]] de Galicia e, a partir de [[1880]], a da [[A Coruña|Coruña]] é a única institución responsábel do mesmo.
Liña 69:
Entre outros elementos da fachada, non mencionados anteriormente, pódense ver os seguintes:
* Esquerda de abaixo a arriba: por riba de Adán, [[Santa Catarina]] e [[San Xoán Bautista]].
* Dereita de abaixo a arriba: por riba de Eva [[Lucía de Siracusa|Santa Lucía]] e [[María Magdalena]].
* Friso: Os 12 Apóstolos.
* Á esquerda da ventá central: [[Cristo]], e os [[Apóstolo Santiago|apóstolos Santiago]] e [[Pedro, papa|San Pedro]].
* Á dereita da ventá central: a [[Virxe María|Virxe co Neno]], [[San Xoán Evanxelista]] e [[Paulo de Tarso|San Paulo]].
* Nos pináculos de arriba: 6 [[anxoAnxo (cristianismo)|anxos]] con instrumentos musicais.
 
; Capela
Liña 81:
 
=== Patios ===
Dos catro patios que rodean a capela, dous [[arte gótica|góticos]] e dous [[barroco]]s, os dous primeiros son os do deseño orixinal de Henrique Egas, e son coñecidos como patio de San Xoán e patio de San Marcos. Os dous barrocos recibiron os nomes dos restantes [[Evanxeo|evanxelistas]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], patio de San Lucas e patio de San Marcos.
 
A capela foi declarada [[Monumento Histórico-Artístico]] en [[1912]], e o conxunto do edificio en [[1931]].