Tomás López da Torre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-de A Coruña +da Coruña)
Liña 4:
Avogado de profesión e membro da [[Unión Xeral de Traballadores]] (UXT) e do [[Partido Socialista Obreiro Español]] (PSOE), foi elixido concelleiro de Betanzos durante a [[Restauración borbónica en España|Restauración]] dúas veces, unha delas en plena [[ditadura de Primo de Rivera|ditadura primoriverista]], polo que foi expedientado no PSOE e rehabilitado máis tarde, tras a [[Segunda República Española|proclamación da República]] en [[1931]]. Coa [[Folga xeral revolucionaria de 1934|revolución de 1934]] foi procesado e encarcerado, e ao saír de prisión encargouse da defensa dos mineiros e dirixentes sindicais procesados na [[revolución de Asturias de 1934|revolución de Asturias]]. Foi brevemente alcalde de [[Betanzos]], entre abril e xullo de [[1936]] e deputado provincial.
 
O [[22 de xullo]] dese ano, tras o [[Sublevación do 18 de xullo de 1936|golpe de estado que deu lugar á Guerra Civil]], columnas de blindados das tropas sublevadas procedentes deda [[A Coruña|Coruña]] aproximáronse a Betanzos, enfrontándose aos veciños leais á República e a algúns membros da [[Garda Civil]]. Terminada a resistencia, os milicianos e autoridades fuxiron da cidade. Tras a ocupación polos sublevados de Betanzos, foron incendiados a igrexa e o mosteiro de San Francisco, así como a biblioteca (unha das máis importantes da provincia coruñesa) e parte do concello, a mans de tres paisanos procedentes de [[Ferrol]] e que foran aleccionados para iso polos sublevados, un deles membro das [[Juventudes Socialistas Unificadas]] e que foi despois destacado dirixente de [[Falanxe Española]] durante a [[franquismo|ditadura franquista]]. Os asaltos e incendios foron atribuídos aos republicanos aplicándose unha dura represión sobre os mesmos. O mesmo día 22, Tomás xunto con [[José Novo Rodríguez (político)|José Novo Rodríguez]], que tamén fora alcalde da localidade, tras fuxir xunto de Betanzos foron detidos polos sublevados á altura de [[Guitiriz]]. Acusouse a Tomás de ''rebelión militar'' por resistir aos sublevados e de ser un dos responsables dos incendios e saqueos de Betanzos, feitos estes últimos que negou argumentando que el xa se atopaba detido cando se sucederon os asaltos. Na súa última carta preso pouco antes de morrer, sinalaba sobre os feitos e o seu proceso:
 
{{cita| [...] Después de dos meses de preso durante los cuales se instruyeron dos expedientes que fueron sucesivamente examinados para ver si había materia en que fundar mi muerte, se me sigue un juicio “sumarísimo” que dura dos días entre el procesamiento y la condena, donde se me prohíbe defenderme, viéndome obligado a confiar esta misión a un amigo, Tte. de Artillería, que se comportó caballerosamente, ayudándome a bien morir. Tuve que contestar en unos minutos, de noche, a un sin fin de cargos, todos absolutamente falsos, fundados en supuestos dichos de gentes que no comparecían, ni se relacionaban o habían muerto sin guardar constancia de su declaración. Pero por encima de todo esto, carente de base, existía el motivo cierto: se castigaba en mí al Abogado que en Asturias luchó en favor de los procesados por Octubre de 1934. La misma persona que entonces me corrigió disciplinariamente, ahora firma mi sentencia. Es la lógica consecuencia de haberlo conservado en el puesto. [...]|}}