Río Eume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-da Coruña +da Coruña)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-provincia de A Coruña +provincia da Coruña)
Liña 22:
No [[2008]] comezou a desviarse unha boa porcentaxe do seu [[caudal]] para encher a nova [[lagoa]] que se está a crear na mina de lignito das Pontes, cunha [[extensión]] superior á da cidade da [[A Coruña|Coruña]].<ref>[http://fresqui.com/actualidad/otros/as-pontes-se-prepara-para-albergar-el-mayor-lago-de-galicia/-16659# As Pontes se prepara para albergar el mayor lago de Galicia] {{Es}}</ref>
 
Unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas nel. Pódense salientar na marxe dereita o ''Rego de Montouto'', preto da capitalidade do concello de [[Muras]], e, xa na provincia de Ada Coruña, o ''Río Maciñeira'', o máis longo de todos os afluentes (11 km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da [[Central térmica das Pontes|Central Térmica de As Pontes]] o ''Río do Pareiro'', que desemboca no Encoro do Eume formando un profundo entrante, e o ''Río Sesín'', que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o [[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro]].
 
Na marxe esquerda son salientables o ''Rego Felgado'', que ten as súas fontes en terras de Xermade, o ''Río Chamoselo'', cunha fermosa ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano de As Pontes. Vertendo as súas augas no [[Encoro do Eume]] despois de 10 km de percorrido, está o ''Río Frei Bermuz'', sen dúbida o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da ''Feira do Dez''. En pleno canón do Eume verte o ''Río de San Bartolomé'' tamén de 10 km, cuxo caudal foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de [[enerxía hidroeléctrica]] na ''Central do Parrote''. Xa no esteiro, desemboca o ''Río de Covés''.