Staré Město: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: pt:Cidade Velha (Praga)
m Carlos IV de Luxemburgo
Liña 2:
'''Staré Město''' (do [[checo]]: ''Cidade Vella'') é o asentamento orxinal da cidade de [[Praga - Praha|Praga]], [[República Checa]]. Foi separada do exterior por un foxo semicircular e unha [[muralla]], conectada ao [[río Moldava]] nos seus extremos. O foxo está hoxe cuberto polas rúas (de norte a sudoeste) Revolučni, na Příkopě, e Národni, que seguen a ser o límite oficial da distrito de ''Staré Město''.
 
Pouco despois da expansión da cidade, levada a cabo durante o [[século XIV]] por [[Carlos IV de Luxemburgo|Carlos IV]], coa fundación da [[Nové Město]] (do [[checo]]: ''Cidade Nova''), o foxo e a muralla foron desmantelados. Algúns lugares destacados de Staré Město son a [[Sinagoga Vella-Nova]], a [[Praza de Staré Město]] e o [[Reloxo Astronómico de Praga|Reloxo Astronómico]]. Cruzando o [[río Moldava]] está o histórico distrito de [[Malá Strana]]. Estás dúas partes da cidade están conectadas pola [[Ponte de Carlos]]. O barrio de [[Josefov]] está localizado no recuncho noroeste da Cidade Vella.
 
== Historia ==
Dende os seus primeiros anos, ao redo do [[século IX]], Staré Město medrou a partir dos asentamentos que apareceron na ampla praza de mercado situada á beira do [[Moldava]]. Segundo algúns rexistros do ano [[1100]] celebrábase na nomeada praza un mercado cada sábado, ademais dalgunhas grandes concentracións militares esporádicas. Grazas ao [[comercio]], os comerciantes da zona fixéronse ricos e o rei Wenceslau I concedeulles o privilexio de municipio, conformándose así a cidade de Město Pražské (''cidade de Praga''). De acordo cos antigos rexistros, a muralla que rodeaba cidade tiña ao redor de trece portas e estaba circundada por un foxo de gran tamaño, o que proporcionando unha forte defensa. No [[século XIV]] a cidade foi ampliada coa fundación da [[Nové Město]] (''Cidade Nova'') polo [[Emperador do Sacro Imperio Romano|emperador]] [[Carlos IV de Luxemburgo|Carlos IV]]. O foxo e o muro foron desmantelados ao pouco tempo.
 
== Galería ==