Diferenzas entre revisións de «Prerrexurdimento»

m
→‎Contexto histórico: Dinastía Borbón
m (→‎Contexto histórico: María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias)
m (→‎Contexto histórico: Dinastía Borbón)
En [[1812]], baixo as correntes liberalistas traídas de [[Francia]], é aprobada nas Cortes de [[Cádiz]] a primeira Constitución Española, coñecida popularmente como "A Pepa", por saír á luz o 19 de Marzo, día de San Xosé.
 
Mais en [[1814]], coa derrota napoleónica, voltan os [[Dinastía Borbón|Borbóns]] ao trono español, concretamente [[Fernando VII]], a través do Tratado de Valençay. Influído polo ''Manifesto dos Persas'' (1814), o novo monarca suprime as Cortes de Cádiz e mais a Constitución de 1812, levando novamente o imperio español polos vieiros do absolutismo. E así será ata [[1820]], ano no que o ponunciamento do xeneral [[Rafael del Riego]] obriga a Fernando VII a xurar a Constitución de Cádiz. Así, entre 1820 e [[1823]] terá lugar o chamado [[Trienio Liberal]], durante o cal se retomaron as resolucións das [[Cortes de Cádiz]] e quedou abolida a [[Inquisición]]. Mais en 1823, Fernando VII pediulle axuda aos ''Cen mil fillos de Sal Luís'' (un exército francés ás ordes da Santa Alianza) para reestabelecer o absolutismo.
 
En [[1833]], o ministro español [[Javier de Burgos]] leva a termo a nova división territorial do Estado español, coa cal pretendía potenciar o centralismo. A dita reforma propiciou que [[Galiza]] ficase partida en catro provincias e que perdese (en favor de [[Castela - Castilla|Castela]] e [[Asturias]]) parte do seu territorio.
107.238

edicións