Corricán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
Para face-lo lance, co barco en marcha sobre o banco de [[peixe]], van lanzándose pola popa á mar os corricáns cos seus anzois xa cebados, de tal xeito que todos van máis ou menos nunha liña perpendicular á marcha do barco. Os mariñeiros van tocando os extremos das liñas ó longo das bordas para comprobar, pola tensión que collen, se picou o peixe. Cando é así halan da liña e soben o peixe a bordo (antes á man, agora con mecanismos hidráulicos), e volven botar aquela ó mar.
 
A pesca do atún ou do bonito faise por ''mareas'' de 5 días ou máis, durante os que van almacenando as capturas nas bodegas refrixeradas. Finalmente regresan a porto, baleiran a carga e volven zarparpartir. O peixe capturado é transportado á lonxa, se o seu destino vai se-la venda en fresco, ou a unha fábrica de conservas.
 
A pesca ó corricán, con cebo artificial, é o sistema máis utilizado pola flota atuneira española (ó redor dos dous terzos da flota). Os atúns poden capturarse tamén con outras artes de pesca, como o cebo vivo (utilizado polo terzo restante da flota, fundamentalmente no [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]]<ref>A pesca de atún con cebo vivo consiste en botar peixe vivo ó mar, normalmente especies de baixo prezo, como a sardiña ou o boquerón, e axita-la superficie do mar mediante chorros de auga que lanzan desde o barco. Os atúns achéganse a come-lo engado e entón son pescados con canas que se lanzan no mesmo espazo.</ref>) ou por artes de [[cerco]] (sistema empregado exclusivamente na costa de [[Sudamérica]], [[océanoOcéano Pacífico]] e [[Índico]]). Tamén se utiliza, no País Vasco e noutros países de Europa, o [[palangre]] á deriva.
 
==O corricán na pesca deportiva==