Corricán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
CocuBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: it:Traina
Liña 5:
 
==Evolución do corricán==
O corricán é unha variante da [[cacea]], arte de pesca que consiste en lanzar varias liñas armadas de anzois pola popa. O sistema supuxo considerables avantaxesvantaxes sobre as artes de pesca de [[rede (pesca)|rede]] ou de liña estática xa que permitía desprazarse en busca dos bancos de atúns en lugar de esperar que viñesen os peixes onda o barco. Ó primeiro, empregouse en barcos de remo e vela, co esforzo que representaba estar vogando continuamente. Os primeiros cambios foron substituí-lo cebo natural polo artificial, primeiro trapos brancos e logo vermellos; outro cambio significativo foi a substitución do anzol único polo dobre (chamado ''pé''), sistema que se empeza a empregar a mediados da década dos [[1950|50]].
{{cita|Na cacea do bonito non aparece a palabra 'chibo', senón 'pé' que é un elemento formado por dous anzois unidos e unha folla de maínzo. Esta debe se-la máis finiña, que é a que está pegada ó gran da espiga. Esta folla debe converterse en cabelos dourados e ben peiteadiños ó par do seu lazo roibo ou branco, coas correspondentes cinco ou seis brazas de aramada (hoxe tanza) con que remata-lo 'pé' (Rodríguez Vergara, 278).}}