Víctor Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: eu:Víctor Manuel San José Sánchez
Liña 61:
 
===Un corazón tendido ao sol===
A [[discográfica]] [[CBS]] adopta unha política de sacar novos talentos e rescatar grandes cantantes. Grazas a iso vaise a esa compañía, que se entusiasmou coas cancións que propón. [[1979]] é un ano crave xa que volve ao primeiro plano musical co disco ''Soy un corazón tendido al sol'', onde sen deixar os temas políticos demostra ser un autor capaz de avanzar, de cantar á súa terra, ao amor, a temas do mundo. Tal é o caso da canción "Sólo pienso en Ti", para moitos a obra mestra de Víctor Manuel, baseada en dous mozos deficientes mentais e que sobe a todo o máis alto dadas listas de éxitos. Con este disco e sobre todo esta canción, renaceu aos 32 anos, recibiu varios premios revelación. Algo moi curioso tendo varios números 1 ás súas costas.
 
En [[1980]] vai a [[Milán]] para gravar ''Luna'' e xa dá concertos por todo o país. Este novo disco inclúe unha canción pioneira sobre homosexuais "Quién puso más", que se fai co número 1. Tamén escribe en homenaxe a [[Blas de Otero]], "Pido la paz y la palabra". Un ano despois sae ''Ay amor''. Todos estes discos en CBS prodúceos Danilo Vaona. En [[1982]] viaxa a [[Londres]] e cambia de produtor para renovar sons. O novo produtor é Geoff Westley. Abandona o PCE descontento coa política que seguía. En [[1983]] nace a súa filla Mariña.