Julius Erving: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hr:Julius Erving
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 38:
|HOF_player=julius-w-erving
}}
'''Julius Winfield Erving II''', nado o [[22 de febreiro]] de [[1950]] en Roosevelt, [[Estado de Nova York|Nova York]], comunmente coñecido polo alcume de '''Dr. J''', é un ex xogador de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] que destacou nas décadas dos [[1970|70]] e os [[1980|80]]. Desenvolveu a súa carreira profesional primeiro na [[American Basketball Association|ABA]] e despois na [[NBA]], e axudou a desenvolver o estilo de xogo moderno, sendo ademais un dos pioneiros do mate, popularizando o espectacular "Tomahawk" e o seu mate dende a liña de tiro libre.<ref>[http://www.superiorpics.com/julius_erving/ Julius Erving Bio]</ref>
 
Erving gañou tres campionatos, catro premios [[MVP da NBA|MVP]] e tres títulos de máximo anotador tanto na ABA, con [[Virginia Squires]] e [[New York Nets]], como na NBA, con [[Philadelphia 76ers]]. É o quinto máximo anotador da historia do baloncesto profesional con 30.026 puntos (NBA e ABA combinados). O Dr. J foi nomeado un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e en [[1993]] foi incluído no [[Basketball Hall of Fame]]. Moitos o consideran un dos xogadores de baloncesto máis espectaculares da historia e un dos mellores "dunkers" de tódolos tempos, ademais de innovar co drible "cros-over" drible e os pases sen mirar.