Edward Cullen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sk:Edward Cullen
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 1:
'''Edward Cullen''' (nado '''Edward Anthony Masen''') é un personaxe de ficción das [[novela]]s da serie [[Twilight (serie)|Twilight]] da escritora [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] [[Stephenie Meyer]], aparece nos libros ''[[Twilight (novela)|Twilight]]'', ''[[New Moon (novela)|New Moon]]'', ''[[Eclipse (novela)|Eclipse]]'' e ''[[Breaking Dawn]]'', así como nos filmes baseados nelas e na aínda inacabada ''[[Midnight Sun (novela)|Midnight Sun]]'' - unha reescritura dos sucesos de ''Twilight'' desde a perspectiva de Edward.
== Traxectoria vital do personaxe ==
Edward é un [[vampiro]] que vive como fillo adoptivo nunha familia de vampiros, [[Carlisle Cullen]] (pai), [[Esme Cullen]] (nai) e outros catro irmáns tamén adoptados: [[Rosalie Hale]], [[Jasper Hale]], [[Alice Cullen]] e [[Emmett Cullen]]. Todos os Cullen decidiron non nutrirse do [[sangue]] de seres humanos, tan só de animais, definindo o seu estilo de vida como ''vexetariano''. Edward namórase, casa e ten un fillo con [[Bella Swan]], unha rapaza humana que máis tarde elixe converterse nunha vampiresa. Nos filmes [[Twilight (filme de 2008)|Twilight]] e ''[[New Moon (filme de 2009)|New Moon]]'' interprétao o actor [[Robert Pattinson]].