Diferenzas entre revisións de «Facultade de Informática da Coruña»

m
Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
m (Arranxiño: Tiles)
m (Bot: Corrección de redireccións (A Coruña))
[[Ficheiro:Logo_25_anos_da_FIC.png|thumb|left|250px|Logotipo conmemorativo do 25 aniversario da fundación da Escola Universitaria de Informática da Coruña ([[1986]]-[[2011]]).]]
 
A idea de crear na [[A Coruña|Coruña]] unha escola universitaria de [[informática]] comezou a tomar corpo entre [[1983]] e [[1985]], promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fíxose eco [[Alfredo Bermúdez de Castro]], por entón vicerreitor na [[Universidade de Santiago de Compostela]], conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en [[Galicia]]. Esta reunión, que se celebrou co apoio da [[Deputación da Coruña]] no [[pazo de Mariñán]], deixou sentadas as bases da carreira.
 
En [[1985]] o reitor da [[USC]], [[Carlos Pajares Vales]], nomeou ó profesor [[José Luis Freire Nistal]] comisionado do proxecto e en [[1986]] creouse a Escola Universitaria de Informática da Coruña baixo a súa dirección. Desde o inicio das reunións participaron activamente distintas figuras académicas e profesionais que se comprometeron coa idea, podéndose destacar a [[Miguel Rodríguez Rubio]] e a [[Sebastián Bamonde Rodríguez]], que despois se incorporarían coma profesores da Escola. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo Consello de Universidades: a Diplomatura en Informática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.
44.135

edicións