Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Otra proposta de categorización
Categorización cruzada
Liña 438:
Eu polo tanto propoño un sistema xerarquizado, que de cada categoria colguen unhas poucas, e non o caos de outra wikipedias, onde premes nunha categoria e saen-che 50 categorias distintas sen anda a ver unhas coas outras, ao lector cnfundeo e non lle dá un mapa claro, e ao colaborador non lle transmite unha idea de xerarquia (organizativa, ollo, non estética).
Sinto ter sido tan prolixo.[[User:Emilio juanatey|Emilio juanatey]] 00:31, 5 outubro 2006 (UTC)
 
== Categorización cruzada ==
 
Na proposta anterior que fixen, só pretendía mentar a flexibilidade dun sistema moi xerarquizado combinado con referencias múltiples. Coido que partindo desa idea, definir un sistema debera ser abondo doado.
A proposición básica é separar as áreas evidentemente principais por un lado (así a proposta de ter nun primerio nivel:
 
*Teoría da música.
*Intérpretes.
*Obras.
*Outros asuntos (na proposta anterior mentaba aquí por exemplo ''premios e concursos'')
*O que se nos ocorra...
 
A maiores, por exemplo, a Teoría da música incluiría:
 
*Etnoloxía (estudo da música en función da cultura e pobo concreta: oriental, occidental, logo por países, por rexións, etc.).
*Historia (a música dende unha perspectiva histórica)
 
Estas dúas subcategorías incluirían á súa vez os respectivos artigos e subcategorías, moitos dos cales figurarían en ambas.
 
Quizais quede máis clara a idea na cuestión dos xéneros. Vendo a evolución da música popular dende os cantos dos escravos recolectores de algodón, o blues, o jazz, o rock'n roll, o heavy, o punk, e dentro destes estilos os seus respectivos subxéneros, é obvio que habería un artigo correspondente á sección Etnoloxía común á sección Historia, e que categorizaría ós distintos xéneros, e dentro deles, ós subxéneros. Isto sen impedir que exista unha subcategoría propia para os xéneros, onde naturalmente figuraría tamén este artigo.
 
Os nomes e a clasificación concreta que propoño son irrelevantes. Só trato de refrectir a idea.
 
O exemplo que facía coa subcategoría ''galeg@s'' para cada categoría considerada apunta nesa mesma dirección.
 
Creo que así non só se soslaian os problemas antes considerados, senón que se incrementa a usabilidade por parte do usuario consultor (dacordo, para clasificar un artigo habería que incluír máis categorías ó crealo... :) )
 
--[[User:Karlggest|Karlggest]] 12:59, 24 outubro 2006 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto Categorías/Música".