Florencio Vaamonde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Engado dato
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 1:
'''Florencio Vaamonde Lores''', nado en [[Ouces, Bergondo|Ouces]] ([[Bergondo]]) o [[2 de abril]] de [[1860]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de outubro]] de [[1925]], foi un historiador e escritor galego. O seu irmán [[César Vaamonde Lores|César]] foi un destacado historiador.
 
==Traxectoria==
Nado en Bergondo no seo de unha familia fidalga que en [[1878]] se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do [[Literatura galega do Rexurdimento|Rexurdimento]], preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da [[Real Academia Galega]] ([[1906]]) e colaborou na ''Revista Gallega'' de [[Galo Salinas]]. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, ''Os Calaicos'' [[1894]], que canta as fazañas de [[María Pita]] (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.
 
Alén disto, abrazou a ideoloxía [[Rexionalismo galego|rexionalista]] e acudiu aos faladoiros da [[Cova Céltica]], que se celebraban na libraría que [[Uxío Carré Aldao]] tiña na [[A Coruña|Coruña]].
 
Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego. Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".