Rogelio Caridad Pita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 4:
Ingresou no exército aos 17 anos. De tendencias republicanas, foi considerado habitualmente tamén [[masonería|masón]], aínda que existen autores que o desminten <ref>[http://www.belt.es/bibliografia/HOME2_articulo.asp?id=535 Reseña do libro ''El ejército y la Masonería''], na que o seu autor, Manuel de Paz Sánchez, afirma que Caridad Pita, do mesmo xeito que outros militares habitualmente considerados masóns, carece de expediente ó efecto no [[Archivo General de la Guerra Civil Española]] de Salamanca</ref>. En [[1931]], ao proclamarse a [[Segunda República Española|República]], o Gobernador militar da Coruña ordenou ao entón coronel Caridad Pita, sacar as tropas á rúa. En troques, o coronel saíu só e en coche descuberto, a modo de acatamento da vontade popular. Tras ser sufocada a revolución de [[1934]] en [[Asturias]], foi enviado a [[Xixón]], caracterizándose por unha posición conciliadora.
 
En xullo de [[1936]], Caridad Pita estaba destinado na [[A Coruña|Coruña]], como gobernador militar e xefe da 15ª Brigada de Infantería, ás ordes do xeneral [[Enrique Salcedo]], xefe da VII División Orgánica, que fora nomeado polo goberno radical-cedista o [[7 de febreiro]], antes das eleccións.
 
Na tarde do venres 17 chegaron a Galicia noticias da sublevación en [[Marrocos]]. Durante a fin de semana, houbo unha tensa espera. As autoridades militares da Coruña (o xeneral Salcedo, conservador pero leal á legalidade, e o xeral Caridad Pita) aseguráronlle ao gobernador civil, [[Francisco Pérez Carballo]], a súa lealdade á República, malia que o primeiro recibira na noite do 18 de xullo un telegrama de [[Gonzalo Queipo de Llano]] cominándolle a que se unise á sublevación e logo unha chamada telefónica, o día 19, do xeneral [[Emilio Mola]]. Con todo, durante a mañá do luns 20, oficiais sublevados detiveron aos xenerais Salcedo e Caridad Pita (cando este pretendía abortar a sublevación do Rexemento de Infantería de Zamora número 54, presentándose no seu cuarto de bandeiras, foi detido polo coronel Martín Alonso, ao mando do rexemento, o cal participara xa na ''[[sanjurjada]]'' de [[1932]] e fora reposto no mando durante o bienio radical-cedista).