Audiovisual galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 3:
==Historia==
===Os comezos===
A primeira gravación da historia da [[filmografía]] galega foi o ''Entierro del general Sánchez Bregua'', rodada na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de xuño]] de [[1897]] (a segunda película española máis antiga tan só despois de ''Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza''), rodada por [[José Sellier]], e dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na [[Arxentina]], [[México]], [[Francia]] e [[Cuba]]. Nomes como [[Maruja Mallo]], [[Carolina Otero]] ou [[Ignacio Quirós]] apareceron nas páxinas da revista ''[[Galicia Emigrante]]'', como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. (¿Nome dun realizador coñecido que traballaba en México?). Desta época é tamén a relación do cine coa compañía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os [[salesianos]], creados por [[San Xoán Bosco]] teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesar da represión franquista, en [[Vigo]], [[Ourense]] ou [[A Coruña]]. De aí saíu a primeira produtora-distribuidora dos nosos eidos (¿Filmax? ou ¿Ícaro?), que tiña no seu logotipo un dos illós das nosas costas.
 
En [[1916]] filmouse ''[[Miss Ledyia]]'', o primeiro filme galego de ficción.
Liña 10:
Dende o primeiro filme comercial, ''[[Sempre Xonxa]]'' de [[Chano Piñeiro]] (pero sen esquecer que xa [[Antonio Román]] fixera un documental titulado ''[[O carro e o home]]'', con guión de [[Xaquín Lorenzo]]), o audiovisual galego oscilou moito na súa produción. A subvención da administración non sempre acadou os froitos agardados e o desenvolvemento foi moi irregular. Inda así, coa creación da [[CRTVG|Compañía de radio e televisión de Galicia]], implementáronse múltiples facetas en infinidade de ámbitos (dende a normalización lingüística ata a obriga de dobraxe ou subtitulado) que provocaron un resultado xeral necesariamente positivo. Facer que [[John Wayne]] cuspise e malxurase en galego ou que a [[A Escrava Isaura|escrava Isaura]] chorase nunha ''fazenda'' brasileira con saloucos galaicos foi un labor que nunca se eloxiará dabondo, pois o que hogano é normal foi daquela tan rechamante que tardou en deixar de ser comentado. A enorme variedade de eidos que se abriron (xunto cos deportes ou os telexornais) obrigou a un esforzo [[normativización|normativizador]] que nin aínda hoxe está feito de todo.
 
Outro punto de mellora foi o aproveitamento de novas institucións. Creáronse centros de ensino ó nivel da [[Formación Profesional]] de grao superior, como o Centro [[Marcote]] de [[Vigo]] e outro centro (¿nome?) na [[A Coruña|Coruña]], e departamentos oficiais, como o [[Centro Galego de Artes da Imaxe]].
 
Os últimos pasos máis destacables son a aposta pola produción propia: co fito na dirección do polifacético [[Antón Reixa]], ''[[Mareas vivas]]'', xurdiron unha nova xeración de series que salpican a grella da programación, como ''[[Pratos combinados]]'', ''[[As leis de Celavella]]'' ou ''[[Libro de familia]]''. Mesmo no mundo da animación dixital, o incremento da produción galega levou implicada a creación dunha empresa conveniada con [[Caixanova]] que xa conta con dúas producións moi vendidas no estranxeiro, ''[[O bosque animado]]'' e ''[[O soño dunha noite de San Xoán]]'' ([[Dygra Films]]). En Santiago, na filial de [[Filmax]], [[Bren Entertainment]] estase a producir cine de animación de gran calidade, coa multimillonaria película ''[[DonkeyXote]]'', e conta coa coprodución de títulos coma ''O Cid'', ''[[Pinocho 3000]]'', ''[[Gisaku]]'' e ''[[Perez]]''.