Ponta Delgada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: af, bg, ca, da, de, el, eu, fa, fi, fr, id, it, ja, ka, lt, nl, no, os, pl, pt, ro, ru, sr, sv, tr, vo, war
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 2:
'''Ponta Delgada''' é unha cidade [[Portugal|portuguesa]] , capital da [[Azores - Açores|Rexión Autónoma dos Azores]], cuxa poboación era de 68.809 habitantes no ano 2011. A cidade atópase no suroeste da [[Illa de São Miguel]], a mais grande e habitada das 9 illas do arquipélago.
==Breve historia==
Fundada en [[1449]] como unha vila de pescadores, en [[1546]] foi declarada capital das illas polo rei [[Xoán III de Portugal|Xoán III O Piadoso]]. En [[1582]] tivo lugar fronte á súa costa a batalla naval de San Miguel no marco da crise de sucesión portuguesa. No século XIX a súa economía medrou por mor das exportacións de froita. Ponta Delgada foi bombardeada durante a [[Primeira Guerra Mundial]] por submariños alemáns, e logo da guerra acolleu unha base naval dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
==Economía e turismo==
Nos últimos anos a economía local tanto da cidade como da illa céntrase no turismo. En [[2008]] a cidade modernizouse coa construcción dunha nova terminal para cruceiros turísticos chamada "Portas do Mar", que inclúe un novo porto deportivo, un paseo marítimo, tendas, restaurantes, un pavillón multiusos, un anfiteatro, piscinas etc. A cidade conta tamén cun centro comercial. No tocante á arquitectura tradicional, na cidade salientan o ''Convento de Nossa Senhora da Esperança'', a ''Sinagoga de Ponta Delgada'', as Portas da Cidade, o ''Forte de São Brás'' (que acolle un importante museo militar), o Museo Carlos Machado e o Teatro Micaelense.