Guerra de Kosovo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: uk:Косовська війна
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 53:
Os bombardeos da OTAN duraron desde o [[24 de marzo]] até o [[10 de xuño]] de [[1999]]. Usáronse 1.000 aeronaves operando desde bases situadas en [[Italia]] e portaavións no [[mar Adriático]]. Os mísiles máis usados foron os ''tomahawks'' ([[mísil de cruceiro]]), os cales se lanzaban desde aeronaves, barcos e submarinos. Durante as dez semanas que durou o conflito bélico, os avións da OTAN realizaron 38.000 misións de combate.
 
Aínda que todos os membros da OTAN chegaron a involucrarse en maior ou menor grao, os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foron o membro dominante da coalición contra Serbia. Tamén destacou [[Grecia]], que desempeñou un papel crucial a pesar da súa oposición pública á guerra.
 
O portavoz da OTAN expresou brevemente o obxectivo desta operación como: "Expulsión dos serbios, permanencia das forzas de paz, retorno de refuxiados". Isto significaba que as tropas serbias terían que marchar de Kosovo para ser substituídas por forzas de paz internacionais e así asegurar que os refuxiados albaneses puideran volver ás súas casas. Porén, este lema tiña un nefasto duplo significado, causando á OTAN un considerábe apuro tras a guerra, cando uns 200.000 serbios e outras minorías non albanesas fuxiron ou foron expulsadas da provincia. Unha razón non oficial para a guerra deuna implicitamente [[Madeleine Albright]] (Secretaria de Estado dos Estados Unidos): "Para que nos serve ter o mellor exército se non podemos usalo?"; unha observación que, supostamente, causou que o xefe do Estado Maior do exército dos Estados Unidos cuestionara a súa cordura. Tamén se suxeriu que unha vitoria nunha pequena guerra axudaría a dar á OTAN unha nova función.