Geffen Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m lig int.
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 9:
|distribuidoras = Interscope-Geffen-A&M (en EEUU)<br>Polydor Records (fóra de EEUU)
|xénero =
|orixe = [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] {{USAb}}
|localización = [[Santa Monica, California]]
|web = http://www.interscope.com/
Liña 18:
== Historia ==
=== Comezos ===
Geffen Records fundouna en [[1980]] o industrial do mundo da música [[David Geffen]] quen, a principios dos 70, xa fundara [[Asylum Records]]. Geffen renunciou a Asylum en [[1975]], cando foi nomeado vicepresidente de Warner Brothers Pictures. Foi despedido de Warner sobre o ano [[1978]], pero estivo bloqueado por un contrato que lle impedía traballar durante 5 anos noutro lugar. David volveu a traballar en [[1980]] e chegou a un acordo con [[Warner Bros. Records]] para crear Geffen Records. Warner aportou o 100% dos fondos para as operacións do selo e para a distribución das súas edicións nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [[Canadá]] e o [[Reino Unido]] (CBS/Epic Records encargouse da distribución no resto do mundo ata [[1985]], cando Warner Bros. tamén se encargou desas zonas). Porén, no [[Reino Unido]] o selo cambiou a distribución de Warner Bros. a CBS en [[1981]]. Os beneficios foron compartidos ao 50% entre Geffen e os seus respectivos distribuidores.
 
O primeiro artista en asinar con Geffen Records foi [[Donna Summer]], sendo o seu álbum ''The Wanderer'' a primeira edición do selo en [[1980]]. A este disco seguíulle ''Double Fantasy'' de [[John Lennon]] e [[Yoko Ono]], o primeiro traballo de Lennon dende [[1975]]. Dúas semanas despois de que entrase nas listas Lennon foi asasinado en [[Nova York]]. Posteriormente o álbum chegou a vender millóns de copias, dándolle a Geffen o seu primeiro sinxelo e álbum número 1.
Liña 28:
 
=== Interscope-Geffen-A&M ===
Universal Music Group adquiriu [[PolyGram]] en [[1999]], dando como resultado unha reorganización dos selos da corporación. Geffen Records, xunto con [[A&M Records]], fusionouse posteriormente con [[Interscope Records]]. A pesar de que Geffen continuaría existindo como marca, foi reducida para encaixar na maior expansión de Interscope (que tamén se encargou da distribución de DreamWorks Records). Ao mesmo tempo, a distribución internacional das edicións de Interscope e Geffen pasou a un ex-selo de [[PolyGram]], [[Polydor Records]], que xa se encargara de distribuir a A&M no extranxeiro (a cambio de que A&M se encargase das edicións de Polydor nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]).
 
De cara ao ano [[2000]], a pesar de que Geffen Records xa non operaba de xeiro independente en UMG e tomou unha posicións máis sumisa tras Interscope, continuou facendo negocios de forma estable ata que no ano [[2003]] UMG incorporou MCA Records a Geffen. Aínda que Geffen tiña sido principalmente un selo de pop-rock, a súa absorción de MCA (e todo o seu catálogo) fixo que agora o selo tivese unha maior diversidade musical incorporando a artistas como Mary J. Blige, [[The Roots]], [[Blink-182]] ou Common. Mentres tanto, DreamWorks Records tamén foi incorporada, traendo a [[Nelly Furtado]], [[Lifehouse]] ou [[Rufus Wainwright]] a Geffen. [[DGC Records]] tamén sería absorvida en [[2003]], pero reestableceuse en [[2007]].