3 Doors Down: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 17:
'''3 Doors Down''' é unha banda de [[hard rock]] estadounidense procedente de [[Escatawpa, Mississippi]], formada en [[1996]]. A banda está composta por Brad Arnold (voces), Matt Roberts (guitarra/voces), Todd Harrell (baixo), Chris Henderson (guitarra) e Greg Upchurch (batería/percusión).
 
A banda fíxose coñecida co seu primeiro sinxelo, "Kryptonite", que foi top 3 na lista ''Billboard Hot 100''. O grupo entón asinou un contrato con Republic Records e editou o seu álbum de estrea, ''[[The Better Life]]'', no ano [[2000]]. O disco foi o 11 máis vendido do ano e foi certificado 6 veces platino nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. O seu segundo traballo, ''[[Away from the Sun]]'' (2002), continuou co éxito da banda; estreouse no número 8 da ''iBillboard 200'' e foi multi-platino nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] como o seu predecesor. A este lanzamento seguiulle unha extensiva xira de dous anos antes de editar o terceiro álbum, ''[[Seventeen Days]]'', no [[2005]]. Este estreouse no número 1 da ''Billboard 200''. O cuarto traballo, ''[[3 Doors Down (álbum)|3 Doors Down]]'', tamén se estreou no número 1 ''Billboard 200''.
 
A banda adoita a dar máis de 300 concertos por ano e ten actuado con outros artistas como [[Lynyrd Skynyrd]], [[Megadeth]], [[Staind]], [[Nickelback]], [[Alter Bridge]], [[Breaking Benjamin]], [[Seether]], [[Shinedown]], [[Hinder]] ou [[Daughtry]]. Dende o comezo da súa carreira, 3 Doors Down leva vendidos ao redor de 16 millóns de álbums en todo o mundo.