Diferenzas entre revisións de «Helene Mayer»

m
Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m (r2.7.1) (Bot: Engado: nl:Helene Mayer)
m (Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America))
[[Ficheiro:Stamps of Germany (BRD) 1968, MiNr 564.jpg|thumb|200px|Helene Mayer nun selo conmemorativo das [[Olimpíada]]s de [[1968]].]]
 
'''Helene Mayer''', nada en Offenbach am Main ([[Hessen]], [[Alemaña]]) o [[10 de decembro]] de [[1919]] e finada en [[Múnic]] ([[Baviera]], [[Alemaña]]) o [[10 de outubro]] de [[1953]], foi unha [[esgrima|esgrimista]] que competiu pola [[Alemaña Nazi]] nos [[Xogos Olímpicos de Berlín]] de [[1936]], a pesar de ter deixado Alemaña e vivir nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e da orixe [[xudaísmo|xudía]] da súa familia.
 
== Traxectoria ==
 
=== Xogos Olímpicos de Berlín e anos seguintes ===
Coa chegada ao poder de [[Hitler]] en 1933 empézanse a aplicar medidas contra a minoría xudaica de [[Alemaña]]. Helene, que continuaba nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] viviu esta situación dende lonxe. Sen embargo, debido ós seus orixes xudeus, dos que ela por mor dunha educación atea que lle procurara seu pai non se sentía parte, foi dada de baixa do seu club de esgrima tradicional en Offenbach e se lle retirou a bolsa da que gozaba. Licenciouse en [[1934]] e comezou a impartir clases de esgrima e alemán no Mills College.
 
O [[Comité Olímpico]] decidiu que ha sede dos Xogos de [[1936]] fose a cidade de [[Berlín]] e os nazis vírono como unha oportunidade de demostrar a forza da nova Alemaña. Isto incluía a necesidade de evitar que atletas xudeus representasen a Alemaña nas [[Olimpíadas]], polo que quedaron excluídos dos clubs aos que non podían entrar se non eran membros das asociacións nazis, das que igualmente non podían seren membros por seren xudeus. Ante as ameazas dos Estados Unidos principalmente, xunto con outras democracias occidentais, de boicotear os xogos os nazis decidiron convidar a Helene.
44.135

edicións