Diferenzas entre revisións de «Naypyidaw»

m
Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m (r2.6.4) (Bot: Engado: hif:Naypyidaw)
m (Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America))
A súa localización, nun campo a uns 3 quilómetros ao oeste da cidade de [[Pyinmana]] e a uns 320 quilómetros ao norte da antiga capital, [[Rangún]], foi debido a que alí se atopaba un importante campo de adestramento para os soldados e oficiais do [[Exército Independente Birmano]] que se enfrontou primeiro aos [[Reino Unido|británicos]], e onde logo instalou o xeneral Aung San o seu cuartel xeral, que logrou a vitoria fronte ás tropas [[Imperio xaponés|xaponesas]] durante a súa ocupación do país durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Pyinmana converteuse nunha icona para o exército birmano, xa que foi o lugar onde os birmanos lograron derrotar a exércitos invasores superiores.
 
A cidade atópase aproximadamente no centro do país, nun nó ferroviario e centro de comunicacións próximo aos [[Organización territorial de Birmania|estados]] de [[Shan]], [[Chin]] e [[Kayin|Karen]], asegurando unha presenza militar continua preto das rexións máis conflitivas. Outra das vantaxes que presenta a nova localización é a súa situación afastada de Rangún, cidade conxestionada debido á súa gran poboación e que facía imposible a ampliación dos edificios gobernamentais. Segundo manifestou a oposición birmana ao réxime militar do país, a razón principal foi afastar a cidade da costa para protexela dunha posible invasión estranxeira liderada polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
== Historia ==
44.135

edicións