Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Canda [[Billie Holiday]] e [[Sarah Vaughan]], está considerada como a cantante máis importante e influínte da historia do [[jazz]] (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres [[oitavas]], destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no [[scat]], técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o [[bop]]. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de [[Frank Sinatra]], coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os ''songbooks'' de [[Duke Ellington]], [[Cole Porter]], [[Johnny Mercer]], etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.
 
Gañou 13 Premios [[Grammy]], e foi galardoada ca ''Medalla Nacional das Artes'' e a ''[[Medalla Presidencial da Liberdade]]'' de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
== Traxectoria ==
44.135

edicións