Public Broadcasting Service: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: ko:미국 공영 방송망
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 1:
'''Public Broadcasting Service (PBS)''' (en galego ''Servizo Público de Radiodifusión''), é a rede de televisión pública dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], creada no [[1969]] e que comezou a súa emisión regular o [[5 de outubro]] do [[1970]], substituíndo á anterior rede de televisión pública dos EUA, a '''National Education Television (NET)''' (''Televisión Educativa Nacional''). Pouco despois desa data, a NET, a institución predecesora da PBS, fusionouse coa WNDT-TV, a filial da PBS en [[Newark]] ([[Nova Jersey]]), para formar '''WNET-TV''', que emite para [[Nova York]] e Nova Jersey e as súas áreas de influencia, volvéndose unha das principais televisións membros da PBS.
 
A PBS podería describirse dunha rede de televisións públicas que contan con licencias de emisión de '''''televisión educativa non comercial''''' polos cales non emiten [[publicidade]] (sendo financiadas por axudas voluntarias de institucións, empresas e dos propios telespectadores - ''Viewers Like You'', "Telespectadores coma vostede") e que manteñen un compromiso de televisión de servizo público (en contraste coas outras canles de televisión nos EUA de vontade claramente comercial), e que foron maioritariamente fundados por organizacións educativas e comunitarios.