Luc Besson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hy:Լյուկ Բեսոն
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 7:
Despois de traballar coma [[asistente de dirección]] e de dirixir catro [[curtametraxes]], debutou coma director en [[1982]] con ''[[Le dernier combat]]'', un drama visual apocalíptico carente de diálogos ao longo de toda a cinta. En [[1985]] dirixiu o filme de [[xénero policiaco]] ''[[Subway]]'', con [[Christopher Lambert]] e [[Isabelle Adjani]] coma protagonistas. Posteriormente rodou ''[[Le Grand Bleu]]'' en [[1988]], filme que trata sobre a [[apnea]] e que, a pesar de ser rexeitado maioritariamente pola crítica, se converteu nunha [[película de culto]]{{Cómpre referencia}}.
 
En [[1991]] traballou con [[Anne Parillaud]] en ''[[Nikita]]'', unha longametraxe sobre unha [[Crime|criminal]] que recibe formación por parte dos servizos secretos para devir unha [[Asasinato|asasina]]; o seu éxito nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foi tal que o director [[John Badham]] rodou en [[1993]] unha segunda versión co título ''[[Point of No Return]]''. O seu documental mariño ''[[Atlantis]]'', de [[1991]], causou unha grande impresión pola calidade da súa fotografía{{Cómpre referencia}}.
 
Besson traballou en numerosas producións co actor francés [[Jean Reno]], quen interpretou entre outros o papel principal en ''[[Léon]]'' ([[1994]]), filme que supuxo o descubrimento de [[Natalie Portman]]. Asemade, Besson destaca pola colaboración que fai nas bandas sonoras xunto a [[Eric Serra]], quen compón a música para as súas obras. A custosa produción de [[ciencia ficción]] ''[[The Fifth Element]]'', de [[1997]], con [[Bruce Willis]] e [[Milla Jovovich]] nos papeis principais, foi un grande éxito de público. En [[1999]] rodou ''[[Jeanne d'Arc]]'', unha película de corte histórico que recrea a vida da [[Doncela de Orleans]].