Jean-Marie Gustave Le Clézio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lt:Jean-Marie Gustave Le Clézio
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Jean-Marie Le Clézio é fillo de Raoul Le Clézio, cirurxián, e de Simonne Le Clézio, a súa curmá (os dous son netos de Sir Eugène Le Clézio) e proveñen dunha familia bretoa emigrada á illa Mauricio no século XVIII cando sofren a colonización británica. Escribe ao sete anos un primeiro libro sobre o mar. Unha longa viaxe na cabina do barco que o conduce coa súa nai a [[Nixeria]] onde vai reencontrar ao seu pai que é médico na selva. Prosegue estudos no colexio literario universitario de Niza, e despois dalgúns anos en [[Londres]] e [[Bristol]], fáise profesor nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
Sen deixar de escribir desde os sete anos, alcanza a fama aos 23 cando aparece ''Le Procès-verbal'', polo cal recibe o premio Renaudot en 1963. De 1963 a 1975, as novelas e os ensaios de Le Clézio exploran os temas da tolemia, a linguaxe, a escritura, coa intención de explorar certas posibilidades formais e tipográficas, na liña doutros escritores da súa época ([[Georges Perec]] ou [[Michel Butor]]). Clézio ten entón unha imaxe de escritor anovador e rebelde que lle vale a admiración de [[Michel Foucault]] ou [[Gilles Deleuze]]. En 1964, estuda a soidade na obra de [[Henri Michaux]], tema da súa memoria para o Diploma de Estudos Superiores.