Xefe de Goberno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma inglés > lingua inglesa
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 1:
O '''Xefe de Goberno''' é o máximo funcionario do [[poder executivo]] e responsable do [[goberno]] dun [[Estado]] ou dunha [[entidade subnacional|subdivisión territorial]] ([[estado federado|estado]], [[provincia]], etc.) de mesmo. O proceso de elección de xefes de goberno varía de acordo ao país e depende, entre outros factores, da [[forma do goberno]] empregada no mesmo.
 
Nun [[sistema parlamentario]] o título que adopta o xefe de goberno pode ser: [[Primeiro Ministro]], [[Premier]], [[Chanceler]], [[Presidente do Consello de Ministros]], [[Presidente do Goberno]] ou outro. Nos países con [[sistema presidencial|sistemas presidenciais]], como [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], o xefe de goberno é o [[Presidente]], que a súa vez é o [[xefe de Estado]]. En cambio, nos [[sistema semipresidencial|sistemas semipresidenciais]], as funcións de xefe de goberno poden estar compartidas polo Presidente e un Primeiro Ministro.
 
O xefe de goberno nalgúns territorios de ultramar dependentes do [[Reino Unido]] é denominado "[[ministro xefe]]" (en [[lingua inglesa|inglés]], ''Chief Minister''), do mesmo xeito que en [[India]], [[Malaisia]] e nos [[Organización territorial de Australia|estados e territorios]] de [[Australia]]. En [[Alemaña]], o xefe de goberno dos ''[[Estados de Alemaña|Länder]]'' denomínase "[[ministro presidente]]" (en [[lingua alemá|alemán]], ''Ministerpräsident''); en [[Bélxica]] esta última é a denominación do xefe de goberno dunha [[Organización territorial de Bélxica|rexión ou comunidade]]. En [[México]], asi denomínaselle ao líder político responsable do goberno e a administración de México, Distrito Federal, capital da República Mexicana.