Diferenzas entre revisións de «Paul Tillich»

m
Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m (mudando "él" por "el", pronome persoal)
m (Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America))
En 1924 pasa a ser profesor de Teoloxía na Universidade de [[Marburg]] onde empeza a desenvolver a súa teoloxía sistemática. Máis tarde é profesor en [[Dresde]] en [[Leipzig]] e en [[Frankfurt]]. Aquí sucedeu a [[Max Scheler]] na cátedra de filosofía e [[psicoloxía]].
 
As súas ideas fanno entrar en conflito co [[nazismo]] e acaba sendo desposuido da súa posición. [[Reinhold Niebuhr]], na súa visita a Alemaña en 1933, ficou abraiado polos escritos de Tillich e animouno a traballar na facultade do [[Union Thological Seminary]] de [[Nova York]]. Aos 47 anos, Tillich exilouse a [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e comezou a perfeccionar o seu [[Lingua inglesa|inglés]] e a dar clases sobre filosofía da [[relixión]]. Foi, asemade, profesor visitante da Universidade de [[Columbia]]. Obtivo a nacionalidade americana. Moitas das súas publicacións acadaron unha enorme audiencia ao igual que os seus sermóns. Interesouse, así mesmo, polo [[budismo]], particularmente polo [[zen]], na súa experiencia xaponesa. Acadou o maior rango na [[Universidade Harvard]] e en [[1962]] mudouse á [[Universidade de Chicago]] ata a súa morte en [[1965]]. As súas cinsas están soterradas no chamado ''Paul Tillich Park'' en [[New Harmony]], [[Indiana]].
 
==Pensamento==
44.135

edicións