Aleksandr Solzhenitsyn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: bs:Aleksandar Isajevič Solženjicin
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 14:
''Arquipélago Gulag'' é unha análise extremadamente documentada do sistema de prisións soviético, do terrorismo e da policía secreta. Cun estilo solto, afastado de solemnidades melodramáticas e un leve toque irónico que aliviaba a tensión lectora nun labirinto de continuas traxedias, enumerábanse as atrocidades dun Estado enfrontado demencialmente ao seu propio pobo case desde os seus inicios. Nun dos momentos de maior esplendor do gulag, cara a [[1936]], había uns cinco millóns de prisioneiros que compuñan o que [[Franz Kafka]] chamara "a colonia penal". Un número que aumentou ano tras ano ata a morte de [[Stalin]], en 1953. En total, entre [[1928]] e o falecemento do "Pai dos pobos", entre 40 e 50 millóns de persoas foron enviadas a cumprir condenas no que metaforicamente denominou Solzhenitsyn ''arquipélago'' de campos de traballo repartidos por toda a URSS. Aproximadamente a metade delas nunca regresaron.
[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|dereita|50px]]
''Arquipélago Gulag'' publicouse primeiro en [[Francia]] (1973) e apareceu pouco despois noutros idiomas. ''Arquipélago Gulag 2'' e ''Arquipélago Gulag 3'' foron publicados en [[1975]] e [[1978]] respectivamente. Viaxou aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] en 1975 para establecerse alí tras publicar a novela-documento ''Lenin en Zúric: capítulos'', nunha casa preto de Cavendish (Vermont), coa súa esposa Natasha e os seus tres fillos. Aí dedicouse a escribir dous ensaios: ''O carbalo e o tenreiro'', fundamental para entender o mecanismo interno da vida literaria soviética, e ''O perigo mortal'', no que analiza os erros da visión estadounidense sobre Rusia, onde volveu á caída do bloque soviético, ao recuperar oficialmente a cidadanía soviética, co que, ao fin, puido regresar ao seu país en [[1994]], onde tivo un recibimento digno dun heroe, a pesares do cal non deixou de exercer o pensamento crítico sobre Rusia. Os seus últimos traballos son ''Como reorganizar Rusia'' ([[1990]]) e ''O problema ruso: ao final do século XX'' ([[1992]]). En [[1967]] escribiu: «Non teño ningunha esperanza en [[Occidente]], e ningún ruso debería tela. A excesiva comodidade e prosperidade debilitaron a súa vontade e a súa razón». Proclamaba que Occidente carecía de recursos morais e espirituais para resistirse á súa propia decadencia. Na actualidade, dedica a maior parte do seu tempo ao que considera a culminación da súa traxectoria, unha [[novela histórica]] de fondo [[León Tolstói|tolstoiano]], ''A roda vermella'', que abarca desde a caída do réxime zarista ao ascenso ao poder dos [[bolxevique]]s. É unha tetraloxía composta por ''Agosto 1914'', ''Outubro 1916'', ''Marzo 1917'' e ''Abril 1917''.
 
En 1983 recibiu o [[Premio Templeton]].