Walter Bagehot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m quito illado
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 5:
Bagehot naceu en [[Langport]], [[Somerset]], [[Inglaterra]], seu pai, Thomas Walter Bagehot, era xerente e vicepresidente de Stuckey's Banking Company. El estudou no [[University College de Londres]], onde cursou matemáticas e realizou un máster en filosofía intelectual e moral<ref>[http://books.google.com/books?id=KHoKphydbHYC&printsec=frontcover&dq=editions:0xyLYbJlVJv0pNQ03L Richard Holt Hutton, "Memoir" e "Second Memoir" (no ''Dictionary of National Biography''), en Mrs Russell Barrington, ed., ''The Works and Life of Walter Bagehot,'' London, Longman, Green (1915)]</ref>.
 
Traballou con seu pai desde 1852 e escribiu para varios xornais, logo durante dezasete anos foi o editor de ''[[The Economist]]'', [[xornal]] que fora fundado polo seu sogro ([[James Wilson (político británico)|James Wilson]]). Despois de asumir a dirección en 1860, engadiu a ''The Economist''' información sobre os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e política, aumentando a influencia do xornal entre os medios políticos.
 
En 1867, escribiu un libro titulado ''[[The English Constitution]]'' no cal explora a [[constitución]] do [[Reino Unido]], especificando o funcionamento do [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento]] e a [[monarquía británica]] e os contrastes entre o goberno británico e o [[Goberno dos Estados Unidos|americano]]. O libro convertiuse nun manual que se traduciu a varias linguas.