Jimmy Somerville: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 12:
[[The Communards]] disolveuse en [[1988]] e Somerville comezou a súa carreira en solitario. Tivo varios éxitos entre [[1989]] e [[1991]], e participou no segundo proxecto da [[Band Aid]] para recadar axudas para Etiopía. En [[1989]] lanza o seu álbum Read My Lips, que inclúe unha versión de "You Make Me Feel (Mighty Real)" de [[Sylvester James]]). En [[1991]], Somerville edita "The Singles Collection", un disco cos seus éxitos en solitario, con [[The Communards]] e con [[Bronski Beat]]. Neste compilatorio inclúese unha versión [[reggae]] do "To Love Somebody" dos [[Bee Gees]] que acadou certo éxito.
 
Tras un descanso de tres anos, Jimmy Somerville regresa en [[1995]] apostando por un son máis pop co disco Dare to Love, que inclúe "Heartbeat", número un nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. En [[1999]] publica Manage the Damage, e un ano despois o álbum de mesturas Root Beer. En [[2005]] publica o seu cuarto álbum en solitario, Home Again, que supón unha volta ao son disco.
 
Ademais da súa carreira como cantante, Jimmy Somerville realizou en [[1992]] unha aparición no filme "Orlando", dirixido por [[Sally Potter]] e baseado na novela homónima de [[Virginia Woolf]]. Somerville encargouse, ademais, de parte da banda sonora do filme. Máis recentemente, fixo unha aparición nun capítulo ("Girltown") da serie de culto [[Lexx]].