Piratería: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 19:
Pero o contacto de Europa con América e a creación de numerosas rotas comerciais no Atlántico estimularon a aparición da época máis brillante da pirataría. Os piratas, ben pola súa conta ([[bucaneiro]]s), ben seguindo as ordes dun monarca e protexido por el ([[corsario]]) atacaron as frotas española e portuguesa, que posuían a maior parte do negocio americano. O [[Caribe]] e as súas illas, moitas delas baixo goberno francés ou inglés, foron porto seguro para estes piratas, que tamén importaron escravos e estimularon o comercio na área favorecendo o contrabando e permitíndolles aos produtores escapar do prezo único que fixaba a [[Casa da Contratación]].
 
A pirataría comeza a diminuír no [[século XVII]] cando os estados desenvolven armadas estábeis e adestradas e non necesitan máis do s [[mercenario]]s. Porén, durante todo o o [[XVIII]] e boa parte do [[XIX]], o proceso de independencias americanas estimulou a acción dos piratas que, ou ben aproveitaban a fraqueza das metrópoles europeas, ou ben participaban das estratexias expansionistas das novas nacións americanas, como foi o caso dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Desta época é o pirata galego máis famoso, [[Benito Soto]].
 
Na actualidade, a pirataría marítima está restrinxida a unhas poucas áreas subdesenvolvidas, fundamentalmente nas costas de [[Somalia]] e no [[Océano Índico|Índico]], entre [[Indonesia]] e [[Malaisia]].