Terceira Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MystBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ar:كومنترن
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 30:
 
===Disolución da Komintern===
A [[Segunda Guerra Mundial]] cortou o contacto do goberno da URSS con numerosos partidos comunistas no resto do mundo, considerando ademais que os países do eixo capitalista receaban do goberno soviético despois do [[Pacto Ribbentrop-Molotov]] celebrado co goberno nazista en agosto de [[1939]]. A invasión da URSS por parte de tropas do [[III Reich]]] en xuño de [[1941]] provocou que a URSS se vise como aliada de dúas potencias capitalistas: [[Gran Bretaña]] e os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Nesa tesitura, o [[15 de maio]] de [[1943]], antes da celebración da [[Conferencia de Teherán]], o Presidium do Comité Executivo da Internacional Comunista decreta "a madurez dos partidos comunistas" nacionais e decide disolver a Komintern para evitar os receos das potencias capitalistas aliadas da URSS nese momento.
 
En [[1947]], a instancias de [[Stalin]] é creada a [[Kominform]] (Oficina de Información Comunista]] para substituír a Komintern. O novo organismo reúne os Partidos Comunistas de Bulgaria, Checoslovaquia, Francia, Hungría, Italia, Polonia, a Unión Soviética e Iugoslavia. Porén, é disolta por [[Nikita Khrushchev]] como medida de [[desestalinización]] e como consecuencia das críticas dos comunistas franceses e italianos (os máis influentes fora do [[Pacto de Varsovia]]) á intervención militar soviética na [[Revolución Húngara de 1956]]. Ademais, desde [[1960]], diversos acontecementos demostran innecesaria a existencia dun organismo de coordinación como a Kominform: en primeiro lugar, o enfrontamento entre a URSS e Iugoslavia; en segundo lugar, a pugna ideolóxica sostida entre a URSS e a [[China]] [[maoísmo|maoísta]]; e, en terceiro lugar, a primacía efectiva da URSS e do PCUS sobre calquera outra organización comunista.