Curaçao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma español > lingua española
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 52:
É famosa polo chamado [[Licor de Curaçao]] que se fabrica coa cortiza das [[laranxa (froita)|laranxas]] da illa, e por celebrar un dos [[Entroido]]s máis coñecidos no Caribe.
 
Sendo esta illa un [[Territorio Insular]] das Antillas Neerlandesas, forma parte dos [[Países e Territorios de Ultramar]] da [[Unión Europea]]. Nela aséntanse as principais instalacións navais da Mariña Real dos [[Países Baixos]] no Mar Caribe, e dá soporte loxístico aos membros da [[OTAN]] na rexión. Adicionalmente, no seu territorio está en funcionamento desde o ano 1999 unha [[Base de Operacións de Avanzada]] do Comando Sur dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], destinada principalmente á loita contra o [[narcotráfico]].
 
== Historia ==
Liña 72:
O descubrimento de xacementos petrolíferos en Venezuela, a principios do século XX, especificamente, na conca do [[lago de Maracaibo]], leva ao establecemento dunha das [[refinería de petróleo|refinería]] máis importantes do mundo para o seu tempo. Isto dá un novo impulso á súa economía, e á chegada dunha nova onda de inmigrantes.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], establécense militares dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], xa que a illa é unha das principais fontes de combustible, para as operacións dos [[Aliados]] en Europa. En consecuencia, o seu porto é asediado por submarinos da [[Alemaña Nazi]] en diversas ocasións.
 
O 30 de maio de 1963, prodúcense levantamentos populares na illa, motivados por contracción mundial da industria petroleira, e o descontento, produto da exclusión dentro da súa principal industria.