Asquenací: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: arz:الاشكينازيم
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 3:
Estas comunidades xudías emigraron cara o leste, formando comunidades en toda a [[Alemaña]], [[Hungría]], [[Polonia]], [[Rusia]], e máis xeralmente en toda a [[Europa central]] e do [[Europa do leste|leste]] entre os [[século X|séculos X]] e [[século XIX|XIX]]. Dende a [[Idade media]] ata mediados do [[século XX]], a [[lingua franca]] entre os xudeus asquenacís foi o [[Yiddish]] ou, en menor medida, o [[Judæo-Francés]] ou (Zarpático), o [[Canaánico]] (Judæo-Checo), e o recentemente extinguido (dende [[1971]]) [[Judæo-Provenzal]] (ou Shuadit), (as tres extinguidas na actualidade). Os xudeus Asquenací desenvolveron unha cultura distintiva, influenciada pola liturxia, e en diversos graos pola cultura dos [[Alemaña|alemáns]], [[Polonia|polacos]], [[República Checa|checos]], [[Eslovaquia|eslovacos]], [[caxubo]]s, [[Hungría|húngaros]], [[Ucraína|ucraínos]], [[Lituania|lituanos]], [[Letonia|letóns]], [[Bielorrusia|bielorrusos]], e [[Rusia|rusos]].
 
Aínda que no [[século XI]] só comprendían o 3% da poboación xudía mundial, a poboación asquenací seguiu medrando ata chegar ao seu máximo en [[1931]], ao constituír o 91% da poboación xudía mundial. Na actualidade conforman o 80% da poboación xudía. A Maioría das comunidades históricas xudías na [[Europa]] son asquenacís, coa excepción daquelas comunidades da [[Europa meridional]] e [[mediterráneo|mediterránea]]. Unha significante porción dos emigrantes xudeus europeos que emigraron a outros continentes nos pasados dous séculos son asquenacís do leste europeo, destacando a comunidade existente nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
== Quen é un xudeu asquenací? ==
Liña 24:
* '''Apostasía''': Un xudeu que se converte a outra relixión, segue a considerarse xudeu. Como [[Felix Mendelssohn]], xudeu asquenací que se converteu ao [[Protestantismo]] e lle adicou unha sinfonía á [[Reforma Protestante|Reforma]], pese a converterse seguía a ser xudeu.
* '''Ateísmo'''. Un xudeu ateo, segue a ser considerado xudeu. [[Karl Marx]], cuxos pais convertéranse ao [[cristianismo]] antes do seu nacemento, era un xudeu asquenací.
* '''Identidade oculta'''. Un xudeu cuxa identidade foi ocultada, e foi criado noutra relixión, segue a ser considerado xudeu. [[Madeleine Albright]], ex-secretaria do estado nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foi criada como católica polos seus país xudeus convertidos ao [[catolicismo]] para escapar do [[Holocausto]], é unha xudía asquenací pola lei xudía, pese a que non soubo que era xudía ata que foi adulta, e era unha católica practicante.
* '''Renuncia'''. Un xudeu que renuncia ao xudaísmo, segue a ser considerado xudeu. [[Bobby Fischer]], o campión internacional de [[xadrez]] quen defendeu que o Holocausto fora unha mentira inventada polos xudeus, era de orixe xudía, e segue a ser considerado un xudeu asquenací.