Día Internacional dos Traballadores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HiW-Bot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 2:
O '''Día Internacional dos Traballadores''' ou '''Día Internacional do Traballo''' ou '''Primeiro de Maio''', é a festa por antonomasia do [[movemento obreiro]] mundial.
 
Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da [[Segunda Internacional]], celebrado en [[París]] en [[1889]], é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós ''Mártires de Chicago'', sindicalistas [[anarquismo|anarquistas]], que foron axusticiados nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na [[folga laboral|folga]] iniciada o [[1 de maio]] de [[1886]] e o seu punto álgido tres días máis tarde, o [[4 de maio]], na [[Revolta de Haymarket]] en [[Chicago]]. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no [[Canadá]], cunha campaña semellante a partir do [[1872]] ([http://www.nupge.ca/news_2003/n01se03a.htm]) a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
 
É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o ''[[Labor Day]]'' o primeiro luns de setembro desde [[1882]], nunha parada realizada en [[Nova York]] e organizada pola [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]] (''Knights of Labor'', en inglés). O presidente [[Grover Cleveland]], propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento [[socialismo|socialista]] nos Estados Unidos.