Dylan Thomas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: be-x-old:Дылан Томас
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 15:
Thomas non foi chamado a filas durante a [[Segunda Guerra Mundial]] por causa da súa mala saúde, pero traballou para o goberno escribindo textos propagandísticos. É entón cando empeza a traballar na [[radio (medio de comunicación)|radio]], como escritor de guións e locutor. Na radio da [[BBC]], a parte dos seus labores como comentarista, enceta outros proxectos, coma o poema dramático ''Under Milk Wood'' ("Baixo o bosque de leite") (póstumo, [[1954]]). Aparecen os seus libros ''The World I Breath'' ("O mundo que respiro") e ''The Map of Love'' ("O mapa do amor"). En [[1946]] edita a que moitos consideran a súa obra máis importante: ''Deaths and Entrances'' ("Mortes e entradas").
 
Viaxou os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] para probar sorte coma guionista de cine. Thomas chufábase da súa faceta de bebedor e coméntase que o [[3 de novembro]] de [[1953]] comentou: “Bebín dezaoito whiskys; penso que é un récord”. Morreu o [[9 de novembro]] de [[1953]] dunha hemorraxia cerebral despois de entrar en coma etílico durante unha xira de promoción. Estaba a redactar o libreto para unha ópera de [[Ígor Stravinski]].
 
Foi enterrado no cemiterio de Laugharne, en [[Gales]]. A súa muller, Caitlin, que faleceu en [[1994]], está enterrada ó seu carón.