L7: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 4:
| lenda =
| orixe = [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]]
| país = [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] [[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px|]]
| período = [[1985]] - [[2001]]
| xénero = [[grunge]], [[punk rock]]
Liña 20:
Non pasou moito tempo ata conseguir un contrato, que acabou sendo asinado con [[Epitaph]] para o lanzamento do seu primeiro disco. O álbum, titulado ''L7'', foi lanzado en [[1988]] coa produción de [[Brett Guertzitz]], e a banda embarcouse na súa primeira xira nacional, teloneando a [[Bad Religion]].
 
Despois dun tempo cambiando de bateristas, en [[1988]] Demetra "Dee" Plakas xuntouse á banda. Xa en [[1989]] L7 asinou coa [[Sub Pop]] e fixo a súa segunda xira nacional, desta vez ao lado da banda Catt Butt. O primeiro lanzamento con Sub Pop tivo lugar en [[1990]], o disco ''Smell the Magic''. Despois da súa primeira xira en [[Europa]] (abrindo concertos para [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]]), e de varios concertos nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], L7 comezou a chamar a atención das grandes discográficas. En [[1991]] a banda asinou con Slash Records e no ano seguinte foi lanzado ''Bricks are Heavy''. Co novo disco, L7 mostrou que non perdera a súa agresividade e a súa pegada despois de asinar cunha discográfica grande, consolidando o seu estilo e contando cunha produción máis traballada. ''Brick are Heavy'' foi producido por [[Butch Vig]].
 
A repercusión do novo álbum foi extraordinaria, vendendo centenas de millares de copias en todo o mundo, levado principalmente polo éxito de "Pretend We're Dead", a canción máis tranquila e pop do disco, ata hoxe a canción máis coñecida de L7.
 
O resto de [[1992]] e [[1993]] estivo ocupadísimo na carreira da banda, con dúas extensas xiras nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], outras dúas en [[Europa]] (unha delas abrindo para [[Faith no More]]), concertos en [[Xapón]] e [[Australia]], actuacións en programas como o de [[David Letterman]] nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e concertos en grandes festivais, como o de Reading en [[Inglaterra]] e o Hollywood Rock no Rio en [[São Paulo]].
 
O cuarto álbum da banda, ''Hungry for Stink'', foi editado en xullo de [[1994]] durante a súa xira no [[Lollapalooza]], onde compartiron escenario con bandas como [[The Smashing Pumpkins]] e [[The Breeders]] entre outros.