Joan Jett: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 26:
Aos 15 anos, Joan formou [[The Runaways]] con outras tres rapazas, Sandy West, Lita Ford e Cherie Currie. Joan cantaba, tocaba a guitarra rítmica e escribía moito do material da banda. A banda gravou cinco LPs e xirou por todo o mundo tendo de teloneiros entre outros a Cheap Trick, Van Halen e Tom Petty and The Heartbreakers. Tiveron especialmente éxito en [[Xapón]].
 
Mentres que The Runaways eran moi populares en [[Europa]], [[Xapón]], [[Australia]], [[Canadá]] e tamén en Sudamérica, eles non tiveron o mesmo éxito nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Parte diso debeuse a que este país, e a súa prensa musical especialmente, non estaba acostumada a que unha banda de mulleres adolescentes fixese música en serio. [[The Runaways]] separouse en [[1979]].
 
Foi nesa época cando Jett, considerada unha figura na escena [[punk rock]], produciu o único álbum de [[The Germs]]. Esta gravación é considerada o equivalente estadounidense do ''Never Mind The Bollocks'' dos [[Sex Pistols]].
Liña 32:
Na primavera de [[1979]], Joan foi a [[Inglaterra]] para comezar unha carreira en solitario. Mentres estivo alí, fixo tres temas cos ex-[[Sex Pistols]] Paul Cook e Steve Jones (unha delas era unha versión temprana de "I Love Rock N' Roll"). De volta a [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], Joan comezou a rodar unha película baseada en [[The Runaways]] chamada ''We're All Crazee Now!''. A película nunca foi editada, pero durante a realización do proxecto Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna. Fixéronse bos amigos e decidiron traballar xuntos.
 
Jett e Laguna entraron nos estudios The Who’s Ramport Studios para gravar o debut en solitarios da primeira. O disco ''Joan Jett'' foi editado en [[Europa]], pero nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] nada menos que 23 grandes selos rexeitaron o disco. Jett e Laguna editárono independentemente no seu propio selo Blackheart Records. Deste xeito, Jett convertíuse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.
 
A parella usou os seus aforros persoais para gravar a crear o seu propio sistema independente de distribución, moitas veces vendendo os álbums no seu coche despois dos concertos.