Hole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: pms:Hole
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 4:
| lenda = A banda ao vivo en marzo do 2010
| orixe = [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], [[California]]
| país = [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] {{USAb}}
| período = [[1989]] - [[2002]]<br />[[2009]] - actualidade
| xénero = [[rock alternativo]]
Liña 25:
O recén bautizado Hole fixo o seu primeiro concerto en [[Hollywood]], e posteriormente comezou a tocar en bares e clubes nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]]. O primeiro sinxelo independente foi ''Retard Girl'', lanzado en marzo de [[1990]] e non pasou moito para que a banda asinase un contrato co selo independente Caroline Records.
 
Despois do lanzamento do seu primeiro sinxelo, Hole fixo unha pequena xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], tocando en bares e pequenos clubes, antes de voltar ao estudio para gravar o seu primeiro álbum. ''Pretty on the Inside'' foi lanzado en setembro de [[1991]], co seu son punk pouco convencional e moi barullento.
 
=== ''Pretty on the Inside'' ===
O álbum recibíu críticas moi positivas nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e o tema "Teenage Whore" foi escollido sinxelo da semana pola revista Spin. ''[[Pretty on the Inside]]'' tamén estivo presente na lista dos 20 mellores álbums da influínte revista británica Melody Maker e "Teenage Whore" entrou no top 20 da lista de sinxelos inglesa.
 
En outubro de [[1991]] Courtney iniciou a súa polémico relación con [[Kurt Cobain]], e en novembro Hole iniciou unha xira por [[Europa]]. Nesa época Courtney comezou a escribir letras para ser usadas no segundo álbum da banda. Nese tempo a banda múdase a [[Seattle]].
Liña 45:
 
=== ''Live Through This'' ===
''[[Live Through This]]'' recibíu críticas positivas de revistas musicais de todo o mundo, pero a xira que a banda tiña preparada polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foi cancelada. O [[13 de xuño]] Hole reuníuse para decidir que facer. Os integrantes deciden non acabar coa banda, pero acordan tomarse un tempo. [[Kristen Pfaff]] volta para [[Minneapolis, Minnesota|Minneapolis]] ([[Minnesota]]) para tocar coa súa antiga banda e morre o día [[15 de xuño]] de [[1994]] por sobredose de heroína e é atopada por [[Eric Erlandson]] no día seguinte.
 
Despois da morte de Kristen, Courtney, Eric e Patty deciden buscar unha nova baixista e acaban decidíndose por [[Melissa Auf der Maur]], unha canadense que tocaba nunha banda chamada Tinker. Melissa foi recomendada por [[Billy Corgan]] de [[The Smashing Pumpkins]].
Liña 53:
A finais de [[1994]], a banda participa na banda sonora da película ''Tank Girl'', que incluía cancións de [[Veruca Salt]] e de [[Björk]]. Hole contrubuíu co tema "Drown Soda", gravada en directo na radio BBC. En xaneiro de [[1995]], a banda viaxou a [[Australia]] para tocar no festival Big Day Out.
 
Aínda en [[1995]], Courtney participou nalgunhas películas, incluíndo pequenos papeis en ''Felling Minnesota'' e ''Basquiat''. No mesmo ano, Hole fixo unha pequena xira por [[Europa]] e participou no festival Lollaplooza. Durante este festival, Courtney agredíu a [[Kathleen Hanna]], da banda [[Bikini Kill]], que fixera comentarios sobre Frances. Courtney conseguíu un novo papel na película ''The People Vs. Larry Flynt'', desta vez era un papel importante como Althea Flynt, esposa de Larry Flynt, da revista Hustler. En setembro, a antiga discográfica de Hole, Caroline Records, lanzou un EP chamado ''Ask For It'' que contiña cancións antigas e presentacións na BBC. No mesmo mes, a banda tocou "Violet" no MTV Video Music Awards. Nesa época o álbum ''[[Live Through This]]'' chega a un millón de copias vendidas nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
A banda pasa un tempo en [[Nova Orleáns - New Orleans, Luisiana|New Orleans]] en decembro de [[1995]] para comezar a compoñer material para o seu terceiro álbum e deixa a cidade pouco antes do Nadal. ''The People Vs. Larry Flynt'' estreouse en [[1996]] e Courtney foi aclamada pola crítica pola súa atuación, gañando un Globo de Ouro.
Liña 60:
En [[1997]] a banda reúnese con [[Billy Corgan]] para compoñer material para o seu terceiro álbum, ''[[Celebrity Skin]]''. Mentres o novo álbum non era lanzado, a Caroline Records lanza un novo recopilatorio de caras-b e rarezas, ''My Body The Hand Grenade''. En [[1998]], Courtney participou nunha nova película, ''200 Cigarettes'' e o lanzamento de ''[[Celebrity Skin]]'' acabou retrasándose varias veces, sendo editado en setembro. O son do álbum é máis voltado ao pop, un pouco máis traballado en oposición ás melodías furiosas e crus de ''[[Live Through This]]''. O lanzamento do álbum estivo cheo de controversias ao estar o nome da baterista [[Patty Schemel]] nos créditos do álbum, pero ausente nas fotos promocionais, nas entrevistas e nos videos de "Celebrity Skin" e "Malibu". Algúns meses máis tarde foi confirmado que [[Patty Schemel]] oficialmente estaba fóra da banda, aínda que as razóns nunca foron especificadas.
 
Hole fixo unha xira por [[Australia]] e [[Nova Zelanda]] en [[1999]], contando cunha nova baterista, [[Samantha Maloney]], e participou do festival Big Day Out. En febreiro a banda inicia unha nova xira por [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] ao lado de Marylin Manson, pero acaba saíndose da xira meses despois, alegando "diferencias de produción".
 
A finais de [[1999]], [[Courtney Love]] participou na película ''Man On The Moon'' ao lado de [[Jim Carrey]] e a banda anunciou que xa estaba comezando a compoñer material para o novo álbum, sen a presenza da baixista [[Melissa Auf der Maur]], que deixou a banda para ingresar en [[The Smashing Pumpkins]].