Bikini Kill: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxo
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 4:
| lenda =
| orixe = [[Olympia, Washington]]
| país = [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] [[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px|]]
| período = [[1991]] - [[1998]]
| xénero = [[riot grrrl]], [[punk rock]], [[indie rock]]
Liña 21:
 
==Biografía==
Bikini Kill foi formado en [[1990]] en [[Olympia, Washington|Olympia]], Washington por [[Kathleen Hanna]], Tobi Vail e Kathi Wilcox coa intención de lanzar un fanzine, tamén chamado Bikini Kill. Para darlle máis vida á publicación surxíu a idea de formar unha banda, e para iso chamaron ao guitarrista Billy Boredom para completar a formación. En [[1991]] foi gravada a [[demo]] ''Revolution Girl Style Now'' e a banda entrou en xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] xunto con Nation of Ulysses e despois estableceuse en [[Washington D.C.]] onde gravou o seu primeiro EP, titulado sinxelamente ''Bikini Kill'', co produtor [[Ian MacKaye]] (membro de [[Fugazi]]).
 
En [[1992]] a banda excursionou pola costa leste, voou ata [[Hawaii]] para o Día Internacional da Muller, fixo varios concertos en [[Washington D.C.]], incluindo algunhas actuacións benéficas a favor da Pro-Choice (organización que loita pola legalización do aborto), que coincidiron cunha gran marcha que houbo en Washington para loitar pola causa. A banda estivo tamén en [[Nova York]], onde [[Joan Jett]] amosou interese polo grupo.
 
A banda estivo de xira tamén por [[Inglaterra]], ao lado da banda Huggy Bear (unha especie de representante británico do [[riot grrrl]]). As dúas bandas dividiron o sinxelo ''Yeah, Yeah, Yeah / Our Troubled Youth'', lanzado pola Catcall en [[Inglaterra]] e pola Kill Rock Stars nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Nesa época, o [[riot grrrl]] gañaba unha popularidade sen precedentes e era obxecto de reportaxes e artigos nos medios tanto en [[Inglaterra]] como nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].
 
De volta aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], a banda gravou tres cancións con [[Joan Jett]] e de seguido fixo unha pequena xira por [[California]], que incluíu algúns concertos con [[Fugazi]]. Durante o resto do ano [[1993]], a banda permanece inactiva, traballando en proxectos paralelos. Aproveitando a parada, a Kill Rock Stars lanza o disco ''The C.D. Version of the Two First Records'', recompilando o primeiro EP, e o sinxelo inglés.
 
En [[1994]] é lanzado ''Pussy Whipped'', o primeiro álbum da banda. De seguido, Bikini Kill compón novos temas e fai unha nova xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] ao lado das bandas The Peechees, Tourettes, Metamatics, Slant 6, Free Kitten, Emily's Sassy, Lime, FYP, Dos e Go-Go's.
 
No ano seguinte, despois dalgúns concertos como teloneiras de [[Sonic Youth]], a banda grava o álbum ''Reject All American'' en 10 días, co produtor John Goodmanson, lanzado pela Kill Rock Stars.