Abú Muzab al Zarqaui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 8:
Al Zarqaui recoñecíase seareiro de [[Ben Laden]], e dende [[outubro]] de [[2004]] referíase á súa propia organización, [[Iama'at al Tauhid ual Xihad]], como célula de [[Al Qaeda]] en Iraq. O propio Ben Laden cualificou a Al Zarqaui de ''príncipe de Al Qaeda'' en Iraq.
 
Al Zarqaui era o home máis buscado polas tropas occidentais en [[Xordania]] e [[Iraq]]. O goberno dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] ofrecera 25 millóns de dólares a quen puidera dar información para a súa captura, a mesma cantidade ca por [[Ben Laden]]. O [[15 de outubro]] [[2004]] o goberno dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] engadiu a Al Zarqaui e a o seu grupo, o [[Iama'at al Tauhid ual Xihad]], na lista de organizacións terroristas estranxeiras.
 
Abú Muzab al Zarqaui foi asasinado definitivamente o [[7 de xuño]] de [[2006]], durante un bombardeo do seu campamento na cidade de [[Baquba]], uns 65 quilómetros ao norte de [[Bagdad]]. Pero a súa morte xa fora anunciada, e despois negada, en varias ocasións durante os meses anteriores. O goberno estadounidense amosou publicamente fotografías do cadáver de Al Zarqaui.