Elite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma francés > lingua francesa
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 5:
Na historia do pensamento social este tema foi estudado dende a antigüidade, a partir de conceptos de sabedoría e virtude. Porén, é cara a fins do [[século XVIII]] e comezos do [[século XIX|XIX]] cando a noción de elite cobra gran relevancia. A aparición do termo elite no [[lingua francesa|francés]] está intimamente relacionado cos ideais [[república|republicanos]], en tanto o concepto simboliza a demanda de que quen exerce o poder debe ser escollido segundo criterios de mérito e non segundo criterios de adscrición.
 
En termos analíticos, os pais dunha [[Teoría de elites]] son [[Caetano Mosca]] e [[Vilfredo Pareto]], aínda cando algúns tamén consideran a relevancia fundacional de [[Robert Michels]], sobre todo pola súa lei sobre a crecente oligarquización dos [[partido político|partidos políticos]] en particular e das organizacións sociais en xeral. Outro autor de grande relevancia é [[Wright Mills]], xa que el acuñou o termo de elite de poder. Con este concepto faise referencia ao núcleo de poder que en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] se produce entre as elites económicas, políticas e militares.
Actualmente existe certo consenso en que as elites son necesarias na sociedade e que sería máis ben quimérico pensar na súa inexistencia. De feito, coa caída dos [[socialismo]]s reais e o solpor da [[utopía]] dunha [[sociedade]] sen [[clase]]s, as elites volven lentamente a ocupar un lugar central na teoría social. O propio dunha teoría de elites é o acento do conflito entre distintas elites, así como tamén a imputación de responsabilidade polo decurso que vai adoptando a sociedade e, para rematar, a [[énfase]] na axencia antes que na estrutura. De feito, as elites poden ser concibidas como actores claves para posibilitar ou impedir o cambio dunha sociedade.