Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 4:
| lenda = Pearl Jam en directo
| orixe = [[Seattle, Washington]]
| país = [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] [[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px|]]
| período = [[1990]] - actualidade
| xénero = [[grunge]], [[rock alternativo]]
Liña 19:
O embrión de '''Pearl Jam''' podemos atopalo noutras bandas de [[Seattle]] de mediados dos anos 80. Na época a cidade non era aínda o grande foco de atención no mundo do rock que foi a principios da década dos 90.
 
Nese tempo, o guitarrista [[Stone Gossard]] e o baixista [[Jeff Ament]] eran amigos e formaron unha banda de [[hard rock]] chamada [[Green River]] a mediados dos 80, xunto co guitarrista [[Steve Turner]] e o vocalista [[Mark Arm]]. Con [[Green River]] chegou a gravar e a lanzar un disco, chamado ''[[Rehad Doll]]'', á parte dun EP, polo selo local [[Sub Pop]]. Porén, en [[1988]] a banda decidiu separarse. Arm e Turner formarían despois [[Mudhoney]], un dos grupos pioneiros do [[grunge]]. Pola súa banda, Jeff e Stone continuaron xuntos, e co baterista [[Jeff Turner]] e o vocalista [[Andrew Wood]], formarían unha nova banda, chamada [[Mother Love Bone]]. Asinaron un contrato con [[Geffen Records]] e lanzaron en [[1989]] o EP ''Shine'' e, en [[1990]], un álbum chamado ''[[Apple (álbum)|Apple]]''. A banda comezaba a ter éxito nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], cando, despois do lanzamento de ''Apple'', o [[16 de marzo]] de [[1990]], o vocalista [[Andrew Wood]] morreu dunha sobredose de heroína.
 
Despois diso, Stone e Jeff separánronse, pero continuaron compoñendo cancións. Despois dalgún tempo, xuntánronse de novo coa intención de formar un novo grupo. Incorporaron ao guitarrista [[Mike McCready]] (ex-Shadow), pero faltaba aínda un vocalista e un baterista. Por medio do amigo e batería [[Jack Irons]] (ex-[[Red Hot Chili Peppers]]), coñeceron a [[Eddie Vedder]], que estaba naquel momento traballando en [[San Diego, California]], pero que acostumaba a tocar con algúns amigos en bares de [[Seattle]]. Vedder recibiu unha cinta demo do trío de Seattle e gustoulle o que escoitou. Decidiu escribir as letras que lle faltaban a esas cancións e el mesmo as gravou na cinta e a enviou de volta para [[Seattle]]. O trío ficou impresionado co resulatado e decidiu convidar a Eddie para ser a voz da futura nova banda. Así, Vedder marchou cara [[Seattle]] e gravou coa banda durante tres semanas. Despois das mesmas xa estaban tocando para o público local.
Liña 43:
Nese período a banda comeza a amosarse insatisfeita coa política comercial da Ticketmaster, a empresa estadounidense que controla a venda e distribuición das entradas dos concertos feitos nese país. O principal motivo era o prezo desas entradas, que a banda sempre loitou para manter baixo, ao contrario do que efectivamente acontecía. En maio, reclaman oficialmente á xustiza para unha investigación, acusándoos de monopolio, xa que non había outras empresas para así promover unha competencia, e, consecuentemente, baixar os prezos e forzar a mellora dos servizos. Rompen coa empresa e pasan a promover e organizar os seus propios concertos, obtendo apoio doutros artistas, como [[R.E.M.]], [[Aerosmith]] e [[Neil Young]]. Isto dificulta bastante a vida da banda, xa que a Ticketmaster facilitaba bastante ese proceso e eles acaban entrando nun baixón, que culmina con algúns problemas internos, ao mesmo tempo no que o Departamento de Xustiza desiste de investigar a Ticketmaster.
 
Decepcionados co mercado artístico e a industria cultural vixente nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], a banda adopta unha postura anticomercial: deixan de producir clips, non tocam para grandes audiencias, non aparecen en programas de televisión, non dan entrevistas a revistas, non usan máis as caixas de CDs normais para comercializar os seus traballos e, claro, non usan máis a Ticketmaster para promover os seus concertos. Aparentemente, a idea da banda é non exporse de máis e fuxir dos "fans de momento", aqueles que só os coñecen pola excesiva exposición da banda polos medios de comunicación comúns.
 
Aínda en [[1994]] ocorre un feito que non só afecta a Pearl Jam, senón a grande parte do escenario musical mundial: [[Kurt Cobain]] suicídase a comezos de abril. A banda decide cancelar algúns concertos marcados para o verán amosándose bastante afectada polo feito, e, nunha aparición no programa Saturday Night Live, Vedder usa unha camiseta cun K debuxado. Nesa presentación, el canta un anaco dunha canción de [[Neil Young]], chamada "Hey Hey My My (Out of the Blues)". Kurt usara unha frase dese tema na súa carta de despedida ("It’s better to burn out than to fade away").
Liña 94:
No [[2007]] Pearl Jam gravou unha versión de "Love, Reign o'er Me" da banda [[The Who]] para apelícula de Mike Binder ''Reign Over Me''. O grupo comezou unha xira con 13 datas en [[Europa]] e foi cabeza de cartel no festival ''[[Lollapalooza]]'' o [[5 de agosto]]. No mes de xuño editou o álbum en directo ''[[Live at the Gorge 05/06]]'', que documenta a súa actuación no The Gorge Amphitheatre, e no mes de setembro lanzou o DVD ''[[Immagine in Cornice]]'', sobre os seus concertos en [[Italia]] no ano [[2006]].
 
En xuño do [[2008]] a banda actuaou como cabeza de cartel no ''Bonnaroo Music Festival'', no medio dunha xira de doce datas polo leste dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. No mes de xullo actuaron no tributo da [[VH1]] a [[The Who]], xunto con [[Foo Fighters]], [[Incubus]] e [[The Flaming Lips]]. Nos días anteriores ás elección estadounidenses do [[2008]], Pearl Jam lanzou dixitalmente a través da súa páxina web un documental titulado ''Vote for Change? 2004'', que fala sobre a xira do ano [[2004]] ''Vote for Change''.
 
=== Reedicións e ''Backspacer'' ===
Liña 101:
Pearl Jam comezou a traballar no seu seguinte traballo a principios do ano [[2008]]. No [[2009]] comezou a construir temas instrumentais e demos compostas nos meses anteriores. O seu noveno álbum de estudio, ''[[Backspacer]]'', producido por [[Brendan O'Brien]], editouse o [[20 de setembro]] do [[2009]], estreándose no número 1 das listas da Billboard, sendo o primeiro álbum da banda que o facía dende o ''[[No Code]]'' en [[1996]].
 
"[[The Fixer]]" foi escollido como primeiro sinxelo. Realizouse un video dirixido por Cameron Crowe, usando imaxes do seu ''concerto segredo'' celebrado no mes de maio en [[Seattle]]. Pearl Jam non renovara o seu contrato con J Records, e a banda editou o álbum através do seu propio selo, Monkeywrench Records, nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e atravé de Universal Music Group internacionalmente. Pearl Jam conseguíu un contrato coa corporación Target para ser distribuidor exclusivo nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. O álbum tamén foi distribuído através da páxina oficial da banda, en tendas independentes, por vendedores online e iTunes.
 
En agosto do [[2009]] a banda foi cabeza de cartel do ''Virgin Festival'', o ''Outside Lands Music and Arts Festival'' e realizou cinco concertos en [[Europa]] e tres en Norteamérica. No mes de outubro foi a principal atracción do ''Austin City Limits Music Festival'', unha aparición que tivo lugar no medio da parte norteamericana da súa xira de promoción do novo disco, á que lle segíu a parte por [[Oceanía]]. No mes de maio do [[2010]] a banda comezou unha xira dun mes polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e en xuño comezaron a súa xira europea.
 
==Membros==