Cinema de terror: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 8:
Nestes primeiros filmes, as técnicas de efectos especiais procedían das usadas no teatro, ou de métodos clásicos, como a "lanterna máxica". As historias alimentábanse da literatura e o folclore popular. A primeira adaptación de [[Frankenstein]] rodábanse no ano 1910. Poucos anos despois, no ano 1913, [[George Fuchs]] fundou o Artistic Theatre en [[Múnic]], onde se asentarían as bases da escenografía expresionista. O expresionismo alemán tería como tema esencial o terror, como demostra ''o estudante de Praga'', de [[Paul Wegener]], estreada no ano 1913.
 
Mentres, nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], un coñecido actor de teatro debuta no cinema. Coñecido como "o Home das 1000 caras", [[Lon Chaney]] sería máis tarde a primeira grande estrela do cinema de terror.
No ano 1917, Chaney interpretará a "Alonso", o home sen brazos do circo, que se lle amputaría realmente polo amor da Estreliña ([[Joan Crawford]]) nas ''Gadoupas Humanas'', uns dos primeros films do director [[Tod Browning]]. Chaney e o expresionismo alemán proporciónanos as películas máis memorábeis da época. Aló polo ano 1917, [[Robert Wiene]] plasma as constantes do cine expresionista no ''Gabinete do Doctor Caligari'', ó igual que faría [[Murnau]] no ano 1922 con ''Nosferatu O Vampiro'', primeira versión do relato ''Drácula'' de [[Bram Stoker]].