Dereito de autoría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños; {{FormatoWiki}}
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 28:
O ''Estatuto da Raíña Ana'', aprobado polo [[parlamento]] inglés en [[1710]], foi a primeira [[norma xurídica|norma]] sobre ''copyright'' da historia. Esta [[lei]] establecía que todas a obras publicadas recibirían un [[prazo]] de ''copyright'' de 14 anos, renovable por unha vez se o autor se mantiña con vida (ou, sexa, un máximo de 28 anos de protección). Mentres que todas as obras publicadas antes de [[1710]] recibirían un [[prazo]] único de 21 anos a contar desa data. Con todo, o [[dominio público]] no [[dereito anglosaxón]] só naceu en [[1774]], tras o caso ''Donaldson contra Beckett'' en que se discutiu a existencia do ''copyright'' a perpetuidade (a [[Cámara dos Lores]] [[resolución xudicial|resolveu]] 22 votos a 11 en contra desa idea).
 
[[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] incorporou os principios sentados en [[Inglaterra]] sobre o ''copyright''. Así a [[Constitución de Estados Unidos|Constitución]] de [[1787]], no artigo I, sección 8, cláusula 8 (a ''cláusula do progreso'') permitiu establecer en favor dos autores "dereitos sobre a propiedade creativa" por tempo limitado. En [[1790]], o [[Congreso de Estados Unidos]] promulgou a primeira ''Copyright Act'' (Lei sobre copyright), creando un sistema federal de ''copyright'' e protexéndoo por un [[prazo]] de catorce anos, renovable por igual termo se o autor estaba vivo ao seu vencemento (ou, sexa, un máximo de 28 anos de protección). Se non existía renovación, a súa obra pasaba ao [[dominio público]].
 
Mentres, en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], o ''copyright'' converteuse nun [[dereito de propiedade]] comerciable, en [[Francia]] e [[Alemaña]] desenvolveuse o ''dereito de autor'', baixo a idea de expresión única do autor. Nesa liña, o filósofo alemán [[Kant]] dicía que "unha obra de [[arte]] non pode separarse do seu autor".
 
En [[Francia]] en [[1777]], [[Pierre-Augustin de Beaumarchais|Beaumarchais]] (autor da [[comedia]] [[O Barbeiro de Sevilla]]) xunto a outros [[dramaturgo]]s, fundou a primeira organización para promover o recoñecemento dos dereitos dos autores. Pero houbo que esperar ao final da [[Revolución Francesa]] para que a [[Asemblea Nacional]] aprobase a primeira ''Loi du droit d'auteur'' (Lei de dereito de autor) en [[1791]].
 
===Evolución do copyright===
En [[1790]], as obras protexidas pola ''Copyright Act'' de [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] eran só os "[[mapa]]s, cartas de navegación e [[libro]]s" (non cubría as obras [[música|musicais]] ou de [[arquitectura]]). Este ''copyright'' outorgaba ao autor o dereito exclusivo a "publicar" as obras, polo que só se violaba tal dereito se [[imprenta|reimprimía]] a obra sen o permiso do seu titular. Ademais, este dereito non se estendía ás "obras derivadas" (era un dereito exclusivo sobre a obra en particular), polo que non impedía as traducións ou adaptacións de devandito texto. Cos anos, o titular do ''copyright'' obtivo o dereito exclusivo a controlar calquera "publicación" da súa obra. Os seus dereitos estendéronse, da obra en particular, a calquera "obra derivada" que puidese xurdir en base á "obra orixinal".
 
Así mesmo, o [[Congreso de Estados Unidos]] incrementou en [[1831]] o [[prazo]] inicial do ''copyright'' de 14 a 28 anos (ou sexa, chegouse a un máximo de 42 anos de protección) e en [[1909]] estendeu o prazo de renovación de 14 a 28 anos (obténdose un máximo de 56 anos de protección). E, a partir dos anos [[Anos 1950|50]], comezou a estender os prazos existentes en forma habitual ([[1962]], [[1976]] e [[1998]]).