Hiroshima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: pt:Hiroshima
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 43:
== Historia ==
[[Ficheiro:AtomicEffects-Hiroshima.jpg|thumbnail|esquerda|300px|Efectos da Bomba atómica en Hiroxima]]
A cidade foi amplamente danada durante a [[Segunda Guerra Mundial]] por unha [[bomba atómica]] chamada ''[[Little Boy]]'' lanzada polo exército dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. A bomba foi a segunda da súa clase en ser detonada, e a primeira utilizada para fins militares. Os ataques atómicos sobre Hiroxima e [[Nagasaki]] foron factores decisivos na capitulación xaponesa na guerra.
 
Hiroxima foi fundada no ano [[1589]] na costa da illa de Seto, e converteuse nun cetro urbano durante o [[era Meiji|período Meiji]]. A cidade está localizada no delta do río Ota, o cal ten sete brazos que dividen a cidade en seis illas. A cidade está levemente elevada sobre a nivel do mar. Tras o ataque atómico, Hiroxima foi reconstruída como unha cidade en memoria da paz. O goberno continuou pedindo a abolición das armas atómicas e, a maior escala, a paz mundial.
Liña 58:
O centro da cidade contiña un número de edificios de formigón reforzados e estruturas máis liviás. Na área dos arredores había unha conglomeración de pequenos talleres de madeira, entre casas xaponesas e algunhas plantas industriais. As casas eran de madeira, con teitos de tellas. Moitos dos edificios industriais eran tamén de madeira. A cidade en xeral era extremadamente susceptíbel aos incendios.
 
Algúns dos edificios de formigón reforzado eran construcións moito máis fortes que as requiridas polos estándares dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], debido aos perigos de terremoto presentes no Xapón. Isto tivo unha grande incidencia no feito de que moitas destas estruturas permaneceran en pé tras a explosión. Outro factor importante para este fenómeno é que a explosión foi máis poderosa cara abaixo que cara os lados. <!--this has much to do with the "survival" of the Prefectural Promotional Hall (pictured), which was only a few metres from the aiming point. (The ruin was made a UNESCO World Heritage site in [[1996]][http://whc.unesco.org/sites/775.htm] over the objections of the US and [[China]].[http://whc.unesco.org/archive/repco96x.htm#annex5])-->
 
A poboación de Hiroxima alcanzara un pico de máis de 380.000 habitantes ao comezo da guerra, mais antes do ataque atómico, a poboación foi reducida a 255.000 habitantes (aproximadamente) debido a evacuacións.<!--This figure is based on the registered population, used by the Japanese in computing ration quantities, and the estimates of additional workers and troops who were brought into the city may not be highly accurate. Hiroshima thus had approximately the same number of people as the city of [[Providence, Rhode Island]], or [[Dallas, Texas]].-->
 
Hiroxima foi o obxectivo primario da primeira misión de ataque aéreo levada a cabo polo exército dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. O ataque resultou perfecto en cada aspecto. O clima era favorábel, a tripulación actuou sen erros e o equipamento funcionou á perfección. O ataque resultou tal e como se planeara en cada pequeno detalle, e a bomba actuou exactamente como se esperaba.
 
A bomba estoupou sobre Hiroshima ás 8:15 da mañá do [[6 de agosto]] de [[1945]]. Cerca dunha hora antes, os radares xaponeses xa detectaran algunhas aeronaves estadounidenses acercándose ao sur do Xapón. Deuse a alerta e as transmisións de radio pararon en varias cidades, entre elas Hiroxima. Os avións acercáronse á costa a grande altura. Cerca das 8:00 da mañá, o operador de radar en Hiroshima puido determinar que o número de avións acercándose era moito menor e levantouse a alerta antiaérea. Transmitiuse pola radio unha alerta suxirindo o uso de refuxios ao avistamento de [[B-29]]s. Ás 8:12, o B-29 ''[[Enola Gay]]'' soltou a bomba atómica ''[[Little Boy]]'' (pequeno neno) sobre o centro da cidade e a bomba estalou cunha explosión da magnitude de 12.000 toneladas de [[dinamita]], matando máis de 80.000 persoas de inmediato.